Iván Area, da UVigo, director de avaliación do profesorado en Aneca

La Voz VIGO / LA VOZ

GALICIA

DUVI

«Trátase dun posto que require dedicación a tempo completo», indicou o docente tras o seu nomeamento

02 jul 2020 . Actualizado ás 18:50 h.

O ourensán Iván Area, profesor de Matemática Aplicada II en en Enxeñaría Aeronáutica Ourense e representante da Universidade de Vigo na CIUG, acaba de ser nomeado novo director de avaliación do profesorado da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (Aneca), o organismo de universidades que, entre outras cousas, valora os graos.

Area indica que «unha das cuestións máis complexas foi ter que deixar a docencia por un tempo». «Trátase dun posto que require dedicación a tempo completo, eu diría que a dous tempos completos pola enorme cantidade de traballo que supón», afirma o profesor.