As primeiras palabras dos sete candidatos antes do debate

a voz REDACCION

GALICIA

CRTVG

Os candidatos apostaron por aproveitar a cita para confrontar os seus programas ante unha situación complexa pola crise sanitaria e económica

29 jun 2020 . Actualizado ás 21:31 h.

Máis dun centenar de operarios daban os últimos retoques ao estudio de 500 metros cadrados acondicionado baixo as condicións sanitarias que impón a crise do covid-19 no estudo 5 de San Marcos, a sede central de CRTVG en Santiago de Compostela, no que desde as 21.30 horas acolle o debate a sete que reúne aos candidatos das sete formacións políticas que aspiran a obter representación no Parlamento da Xunta que saia das urnas o próximo 12 de xullo.

A chegada dos candidatos comezou ás 19.30 horas co representante de Vox, Ricardo Morado. O cabeza de lista pola provincia da Coruña sinalou á súa chegada que ao debate acode con«a intención de sorprender e trasladar todas as propostas da formación aos galegos».

«Vimos a este debate coa intención de sorprender. Trasladaremos as nosas propostas aos cidadáns de Galicia, a través das canles democráticas e en liberdade que non estamos a ter nesta campaña electoral». Así se pronunciou á súa chegada ás instalacións de San Marcos para participar no debate, que será o único que terá lugar na campaña electoral. Morado Fajardo confiou en que o encontro se celebre «en canles democráticas» e en «liberdade. «Unha liberdade que por desgraza non estamos a ter nesta campaña electoral», sostivo.

Vinte minutos máis tarde accedía ás instalacións da corporación de CRTVG a candidata de Cs, Beatriz Pino quen agradeceu «á televisión de todos os galegos» que se organizou este encontro a sete. Aproveitará o escenario para expor as «políticas laranxas que axudará a aque Galicia teña futuro». Do mesmo xeito que Vox, acode en condición de grupo político significativo.

A candidata polo BNG, Ana Pontón, fixo entrada nas dependencias de San Mateo antes do que estaba previsto. Anticipouse a Antón Gómez Reino, como estaba pactado, ás oito da tarde. A cabeza de lista sinalou á súa chegada que estaba «encantada de estar na casa de todos os galegos», e que trataría de mostrar que o BNG é a alternativa para o cambio. «Vamos poder trasladarlle aos galegos cales son as nosas alternativas porque Galicia é un gran país con moitas oportunidades» e que desta crise «tenemos todo para saír adiante e enfrentar os problemas e dificultades que temos».

 Investindo a quenda de chegada, Antón Gómez Reino (Galicia en Comun-Anova-En Marea) aclarou que estivera cos traballadores de Alcoa concentrados ás portas das instalacións da coporación pública para demostrar o apoio da súa formación. Sinalou que un dos seus obxectivos será «acabar co control político do PP na TVG» e que exporía as propostas de futuro para «cambiar este país, e esperamos deixar atrás a Galicia do pasado e do PP».

  

O aspirante á presidencia da Xunta polo PsdeG-PSOE, Gonzalo Caballero accedeu á sede da CRTVG ás 20.30. Fíxoo, dixo coa expectativa de transmitir que o seu partido ten a experiencia de gobernar en concellos, no Goberno central e outras institucións. Caballero dixo que ofrece unha proposta de progreso fronte a «un partido esgotado», en alusión ao PP. E que en tempo de crise como o actual «non é o mesmo que goberne a dereita que a esquerda». «Temos un plan para manter o estado do benestar, igualdade, emprego, somos o cambio con garantías no que poden confiar».

Apenas un par de minutos despois fixo entrada no recinto da televisión de Galicia Pancho Casal (Marea Galeguista) que dixo chegar ao debate «con ilusion e responsabilidade. Se elixe un parlamento que vai dirixir a reconstrucción». 

Para rematar, tal e como se pacto previamente entre os partidos que concorren a esta cita electoral, chegou Alberto Núñez Feijoo (PPdeG). Apelou o actual presidente da Xunta a que o debate sexa respectuoso entre os candidatos nun contexto tan difícil porque «estamos baixo os efectos da pandemia», e tivo un recordo para as familias e as vítimas do covid 19. Para Feijoo, o debate debe ser «clarificador».Oofreció os seus dez anos de experiencia á fronte do Goberno galego e a súa disposición para aforntar «un período complexo pola pandemia económica e social» na que se atopa o país. Feijoo comprometeuse a cumprir os seus programa electoral desde o primeiro instante. «Serei un presidente libre para un pobo libre que libremente elixa para Galicia ou próximo 12 de xullo».