Os pediatras aconsellan só grupos pequenos se reabren as garderías

As empresas propoñen volver nun mes para axustar protocolos ante o próximo curso


redacción / a voz

¿Deberían reabrir as escolas infantís as súas portas no que queda de curso? ¿Pódese garantir a seguridade dos nenos e o persoal que os atende? Tras escoitar a pediatras e outros expertos, e despois de que o Goberno deixase a decisión en mans das comunidades, a Consellería de Política Social, da que dependen estes centros, dará a coñecer entre hoxe a súa postura, e sexa cal for terá vantaxes e inconvenientes. Estas son as posturas dunha decisión da que dependen miles de familias: