Ana Pontón anuncia o seu embarazo en Twitter

a voz REDACCIÓN

GALICIA

XOAN A. ADOITAR

O presidente da Xunta foi un dos primeiros en felicitar á líder nacionalista, comentándolle que «pola miña experiencia, que a familia medre é a mellor dás decisións e a maior dás alegrías»

15 sep 2019 . Actualizado ás 14:09 h.

«Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou vivindo un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoito semanas!! Non podía ser máis feliz». Desa forma a portavoz do BNG, Ana Pontón, anunciaba esta mañá o seu embarazo en Twitter .

As reaccións ante a boa nova non se fixeron agardar. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, foi un dos primeiros en felicitala: «Parabéns, Ana!! Unha gran noticia», escribiu, mentres lle dicía que «pola miña experiencia, que a familia medre é a mellor das decisións e a maior das alegrías. Que vai todo ben! Unha aperta». Pero do mesmo xeito que Feijoo foron moitos os que non tardaron en darlle o parabén. 

O bebé que está en camiño sería o primeiro fillo da portavoz nacional do BNG, que precisamente onte  arrincou o curso político do partido nacionalista nun acto celebrado en Carballo e no que estivo arroupada por toda a executiva. 

Ana Pontón (Sarria, 1977), licenciada en Ciencias Políticas, lidera o BNG desde febreiro do 2016. Ese ano foi candidata pola formación nacionalista nas eleccións autonómicas. E conseguiu un bo resultado (seis escanos) a pesar dos prognósticos das enquisas. Desde entón consolidou o seu liderado e foi reelgida como portavoz nacional cun apoio maioritario.