Paréceche ben que Abel Caballero manobre para evitar que as Illas Atlánticas sexan patrimonio da humanidade?

La Voz REDACCIÓN

GALICIA

LÓPEZ PENIDE

Polémica pola reunión do rexedor vigués cos veciños de Ons contrarios á candidatura do parque nacional que impulsa a Xunta

22 ago 2019 . Actualizado ás 12:55 h.

O alcalde de Vigo emprendeu hai tempo unha cruzada para que unicamente as illas Cíes (adscritas ao territorio municipal vigués), e non todo o parque nacional Illas Atlánticas (inclúe Ons, Sálvora e Cortegada), sexan patrimonio da humanidade. O último episodio soado foi a reunión de Caballero con veciños de Ons críticos coa candidatura que impulsa a Xunta. E xerou unha gran polémica.