«Non se que lle pasou á miña filla nin onde foi o accidente nin como ocorreu. Estou esnaquizado»

La Voz REDACCIÓN

GALICIA

Óscar Vázquez

O pai dunha falecida en shock ás portas do xulgado en Vigo

30 may 2019 . Actualizado ás 17:40 h.

Dor e consternación en Redondela pola traxedia da AP-9 na que morreron tres mozos de 17 anos. Media ducia de familiares dos falecidos, en estado de shock, acudiron esta mañá ao Xulgado de Vigo a autorizar as respectivas autopsias.

Un pai dunha das vítimas declarou alí: «Non se que lle pasou á miña filla nin onde foi o accidente nin como ocorreu. Só sei que ela xa non está. Estou esnaquizado». 

Os forenses iniciaron esta mañá as tres autopsias dos falecidos no Hospital Nicolás Pena tras ordenalo a xuíza de Instrución Número 5 de Vigo, en funcións de garda e que onte realizou o levantamento de cadáveres.