Ingresado grave o electricista condenado polo roubo de Códice Calixtino en Santiago

A voz VIGO

GALICIA

SANDRA ALONSO

O home permanece na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir un derrame cerebral

15 may 2019 . Actualizado ás 14:36 h.

O electricista condenado polo roubo do Códice Calixtino na Catedral de Santiago atópase ingresado na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras sufrir un derrame cerebral. Segundo recolle Europa Press, o home leva dúas semanas no centro hospitalario tras padecer este problema de saúde mentres estaba no cárcere da Lama, onde cumpre unha condena de oito anos de prisión pola subtracción do histórico documento. 

Manuel Fernández Castiñeiras atopouse mal o pasado 26 de abril e, aínda que inicialmente foi trasladado ao hospital Montecelo de Pontevedra, finalmente debido á súa gravidade decidiuse a súa evacuación a Vigo. 

O caso do electricista puxo en xaque á sociedade compostelá e ao resto de Galicia no ano 2011, cando no mes de xullo transcendeu a subtracción de Códice Calixtino da catedral. O home tamén se levou diñeiro durante anos e outros documentos que se atopaban na basílica compostelá. O libro foi localizado o 4 de xullo do 2012 nun garaxe do Milladoiro, propiedade do home. 

Durante a investigación saíu tamén á luz que o home estivera roubando o correo dos veciños dos tres portais que forman o número 27 da avenida Rosalía de castro do Milladoiro. Alí os residentes cualificábanlle de huraño e estraño e aseguraban que os problemas eran habituais.