Nove aspirantes por cada praza nas oposicións de educación

Tamara Montero
tamara montero SANTIAGO / REDACCIÓN

GALICIA

Imagen de archivo de las pruebas de Educación celebradas el año pasado en Santiago
Imaxe de arquivo das probas de Educación celebradas o ano pasado en Santiago SANDRA ALONSO

Un total de 18.700 candidatos optan a 2.064 prazas ofertadas en Galicia

20 abr 2019 . Actualizado ás 18:15 h.

O próximo 22 de xuño, un total de 18.700 persoas comezarán o proceso para obter algunha das 2.064 que están en xogo nas oposicións de educación este ano. A maioría corresponden a taxa de reposición (1.122), aínda que tamén se convocan prazas de estabilización de emprego temporal e as 276 restantes son prazas de promoción interna.

Algúns dos inscritos no proceso deste ano irán coa tranquilidade de que entre as 36 para as que se convocaron prazas, a súa especialidade está pouco disputada. Outros se enfrontarán ás probas coa presión engadida de que é unha das especialidades con máis aspirantes. Este ano, a competición será un pouco máis rifada no corpo de mestres. Hai once aspirantes por cada unha das 770 prazas que se convocan. Será só un pouco máis rifada porque no corpo de secundaria a cifra é moi semellante: dez inscritos por cada unha das 834 vacantes. Aínda que a especialidade de mestre en Educación Infantil é a que ten a marca de persoas inscritas (2.736), a que ten a cociente máis elevada de aspirantes por praza é a de inglés en educación secundaria: 888 inscritos para 40 vacantes, ou o que é o mesmo, 22 aspirantes por cada praza.

Inglés é a da cociente máis elevada, pero en termos absolutos, a especialidade de secundaria con maior número de inscritos é Xeografía e Historia, 1.008 persoas. No corpo de mestres, Educación Infantil é a especialidade máis demandada en ambos os casos, xa que ten 20 inscritos por cada vacante, lonxe dos 12 de Primaria, a segunda especialidade con maior demanda: 2.147 inscritos.

O outro extremo, o das cocientes máis reducidas, tamén está no corpo de mestres. A especialidade de Francés, para a que este ano se convocaron 70 prazas, ten 153 persoas inscritas, é dicir, dúas por cada praza. A mesma especialidade, pero no corpo de secundaria, dobra a cociente. Redondeando, cada unha das 55 prazas convocadas ten cinco inscritos.

A especialidade con menor competencia entre o profesorado de secundaria é Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos (75 aspirantes para 20 vacantes) e Economía, con catro inscritos por cada un das 65 prazas que se convocaron.

As menores cocientes danse, primeiro, na convocatoria para que os docentes pasen de A2 a A1, con especialidades nas que hai menos inscritos que prazas ?por exemplo para as 17 de Administración de Empresas só hai unha persoa inscrita? e despois, as vacantes para o corpo de profesores das escolas de idiomas, con cinco aspirantes por cada unha das 30 prazas da especialidade de inglés.

A continuación atópase o profesorado de FP. Hai case seis presentas inscritas por cada unha das 798 prazas que se convocaron no proceso deste ano. A especialidade máis competitiva deste corpo é a de Procesos de Xestión Administrativa, con oito persoas apuntadas por cada unha das 45 prazas que se convocan. A menos competitiva é Mecanizado e Mantemento de Máquinas, con tres aspirantes por cada vacante.