Máis de 8.000 aspirantes para 93 prazas de auxiliar administrativo do Sergas

E. Á. SANTIAGO

GALICIA

El recinto ferial de Silleda durante las oposiciones a celador del SERGAS celebradas el pasado domingo
O recinto feiral de Silleda durante as oposicións a celador do SERGAS celebradas o pasado domingo SANDRA ALONSO

As oposicións celébranse o domingo 7 de abril en Silleda

25 mares 2019 . Actualizado ás 17:51 h.

O Diario Oficial de Galicia publica o lugar e a data da oposición para acceder ao grupo auxiliar de función administrativa do Sergas. As probas selectivas celebraranse o domingo 7 de abril no recinto feiral de Silleda, a partir das 15.30 horas. 

Este proceso oferta 209 prazas, pero só 93 son de acceso libre, ás que se presentan mais de oito mil aspirantes, 8.148. Ademais, 573 opositores tratarán de acceder a algunha das 11 prazas reservadas a persoas con discapacidade, mentres que 364 optan a algún das 105 postos de promoción interna. 

Os días 9 e 10 de marzo realizáronse os exames da categoría de celador, e o 12 de maio farase a oposición para o persoal de enfermería. Con estes tres procesos selectivos o Sergas cumpre o compromiso de coordinarse con outras comunidades autónomas na celebración das probas e evitar así o efecto chamada, un acordo ao que se chegou na Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde.