A oferta de emprego público pon máis de 36.000 prazas ao alcance dos opositores galegos

Mónica Pérez Vilar
MÓNICA P. VILAR REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

Examen de las oposiciones a celador del Sergas
Exame das oposicións a celador do Sergas SANDRA ALONSO

A proximidade das eleccións anima os procesos selectivos

21 mares 2019 . Actualizado ás 10:14 h.

A día de hoxe en Galicia é posible inscribirse en máis dunha ducia de convocatorias de oposicións abertas a nivel autonómico. Máis de 1.800 prazas en áreas como a educación primaria ou secundaria, a seguridade e saúde laboral, os servizos contra incendios, o traballo como auxiliar de clínica ou como subalterno da Xunta. Son apenas unha gota no océano dunha oferta de emprego pública que a proximidade de dúas convocatorias electorais contribuíu a engordar. «Hai un bum incrible, estamos nun momento excepcional en canto a oferta de prazas», confirma Alberto López de . Nós OposiciónsLembra que o 2006 e o 2008 tamén foron bos anos pero «aínda que entón houbo moitas ofertas non eran tan numerosas. Este ano e sen dúbida o mellor», insiste.

A nivel estatal, a Administración central presentou no 2018 a maior oferta pública de emprego en dez anos con case 31.000 prazas. Galicia non quedou atrás con máis de 5.700 postos ofrecidos. En total, máis de 36.000 prazas na administración central ou autonómica. «A oferta do 2018 foi grande pero ademais nos procesos selectivos que se están a convocar mestúranse tamén prazas pendentes do 2017 e está previsto convocar prazas do 2019 antes de que cheguen as eleccións», explica López. De feito, a Xunta de Galicia xa prepara unha oferta que podería superar lixeiramente á do ano pasado: 5.833 prazas segundo información da Consellería de Facenda. As 1.323 correspondentes a sanidade pública xa foron aprobadas no Consello da Xunta, trámite polo que pasarán proximamente as 2.446 de administración xeral.

Ao proposto polos gobernos central e autonómico súmanse os postos de entidades provinciais e locais. A Deputación de Pontevedra, por exemplo, aprobou unha oferta de 196 prazas. Tamén as universidades supoñen oportunidades de incorporarse ao emprego público. No 2018 as tres galegas sumaron case 250 postos de persoal de administración e servizos e máis de 150 para persoal docente e investigador.

Todas esas prazas previstas deben agora converterse en prazas convocadas a través de distintos procesos selectivos. E aínda que desde Facenda lembran que a aprobación das ofertas públicas de emprego «supón unha garantía real de que esas prazas se van a convocar», o certo é que é habitual que queden postos pendentes de ofertar. Por exemplo, a Deputación da Coruña publicou fai só unhas semanas as bases das probas para cubrir prazas correspondentes ás ofertas do 2016 e o 2017.

O alto número de xubilacións que se aveciña no sector público tamén explica as avultadas cifras que se manexan. «En moitos dos corpos de funcionarios do Estado e das comunidades autónomas hai opositores das primeiras remesas que xa están próximos á idade de retiro e fai falla reemprazalos», xustifica Alberto López. As baixas taxas de reposición durante os anos máis duros da crise fan que agora se multiplique a necesidade de cubrir vacantes.

Por se a oferta fose escasa, está previsto que esta primavera se convoquen probas selectivas a nivel comunitario para cubrir postos públicos na Unión Europea. Incluso o impopular Brexit parece remar a favor dos opositores. O pasado mes de febreiro o Ministerio de Política Territorial e Función pública aprobou unha oferta de emprego público de 1.031 prazas para cubrir posibles necesidades que xurdan en sectores afectados pola ruptura, como o control aduaneiro ou os servizos de inspección sanitaria exterior.