Da crista da onda á baixamar e á división entre dúas augas

Susana Luaña Louzao
susana luaña SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

Un acto de Alternativa Galega de Esquerda
Un acto de Alternativa Galega de Esquerda CESAR QUIAN

A frustrada «unidade popular» non resistiu sequera o primeiro envite, cando perdeu as autonómicas

17 feb 2019 . Actualizado ás 13:27 h.

A curta pero intensa historia de En Marea vai unida a Xosé Manuel Beiras, impulsor da maior parte dos movementos da nova política en Galicia.

Maio do 2011

O 15M e as mareas. Das mobilizacións sociais do 15 de maio do 2011 xurdiron as acampadas nas rúas, o activismo social e as asembleas que foron xerme de Podemos e das mareas locais.

Xaneiro 2012

Asemblea de Amio. O Encontro Irmandiño liderado por Beiras, en contra da UPG e a favor de abrir o nacionalismo galego a alianzas con outras forzas de esquerdas, provocou a ruptura do Bloque Nacionalista Galego.

Julio 2012

Nace Anova. Beiras, Martiño Noriega, Antón Sánchez e quen con eles se foron do Bloque crearon un novo partido: Anova Irmandade Galega, con máis dun milleiro de militantes.

Outubro 2012

AGE. A coalición entre Anova e Esquerda Unida para as autonómicas acadou nove deputados, dous máis que o BNG; pero a paz durou pouco, coa fuga de dous parlamentarios ao grupo mixto.

Outubro 2014

Nace Bote. Mario López Rico, Luis Eyré, Consuelo Martínez e a corrente máis nacionalista escíndese de Anova e crea un novo partido, Bote.

Maio 2015

Éxito das mareas. Os movementos municipais xurdidos das asembleas cidadás do 15M e dos círculos de Podemos fixéronse coas alcaldías de Santiago, A Coruña e Ferrol, e lograron representación no medio centenar de concellos.

Julio 2016

Fundación de En Marea. Os partidos e os axentes impulsores das mareas, impulsados polo éxito das municipais, crearon un partido instrumental de adscrición individual para as autonómicas e elixiron ao maxistrado Luís Villares como candidato. Lograron catorce deputados, pero non conquistaron a Xunta.

Xaneiro 2017

Consello dás mareas. As primarias para elixir dirección constataron por primeira vez a división interna, xa que boa parte dos que acompañaban a Luís Villares na candidatura rexeitárono como portavoz. Así naceu o sector crítico, formado polos xefes dos partidos políticos fundadores.

Decembro 2018

A guerra polo control. O sector crítico promove unha candidatura para facerse coa dirección de En Marea con David Bruzos como cabeza de lista. Gañou a de Villares , con acusacións de fraude electoral e unha forte división interna.

Febreiro 2019

Ruptura. O anuncio de dúas candidaturas ás xerais confirma a ruptura de En Marea.