Europa non logra unha postura común sobre Venezuela, Galicia debe revisar 448 pontes e outras noticias

Olga Suárez Chamorro
Olga Suárez REDACCIÓN

GALICIA

JUAN BARRETO | AFP

Unha selección de noticias para comezar o día con toda a información

05 feb 2019 . Actualizado ás 09:27 h.

Comeza o día informado con esta selección de noticias:

A fondo

O recoñecemento de Juan Guaidó como presidente interino de Venezuela foi unha misión imposible para a Unión Europea. Os Vinte e oito volveron fracasar onte no seu intento por pechar filas e buscar unha postura común tras expirar o ultimato de oito días estendido a Nicolás Maduro. España foi un dos países que abriu o recoñecemento do líder opositor como presidente interino, que deberá convocar eleccións, fronte ao bloque disidente liderado por Italia. 

Mentres Europa buscaba unha posición común, alén do Atlántico, o Goberno chavista anunciaba que revisará as relacións cos países europeos que lexitimaron ao dirixente opositor. Podes ver aquí a relación de España e Venezuela en cifras.

O presidente interino acusa a Maduro de planear roubar a axuda humanitaria e esta madrugada convocou unha conferencia sobre asistencia para o seu país, que terá lugar o 14 de febreiro en Washington . «Agora todo depende de Guaidó», analiza neste artigo Miguel-Anxo Murado. Pero non está só: mostrámosche quen é quen na oposición venezolana: un bloque partido en tres ao que só une o fin de Maduro.

Hoxe en A Voz

De volta a Galicia, fixámonos na súa rede ferroviaria e nun informe do Ministerio de Fomento que destapa deficiencias en máis de 400 pontes. Trinta deles precisan arranxos urxentes e 13 están no corredor atlántico central, como podes ver neste gráfico. O investimento necesario para estas reparacións acada os 33 millóns de euros. 

Mentres, outra estrutura ferroviaria, a dos Proximidades da Comunidade de Madrid, van renovarse con tecnoloxía galega: a empresa Pontes fará as obras de mellora da estación de Recoletos.

Falamos doutro medio de transporte que se volveu moi popular nos últimos meses: Tráfico estuda fixar en 16 anos a idade mínima para conducir patinetes eléctricos, que non poderán superar os 25 quilómetros por hora e deberán ser dunha soa praza.

Fixámonos agora en como a antropoloxía referenda o recente estudo que revela o minifundismo xenético de Galicia, único no mundo. E é que na comunidade hai parroquias cun 90 % de vodas entre veciños do mesmo lugar, un fenómeno que, segundo o CSIC, estaba moi ligado no pasado ás clases populares.

O atestado da policía de Miami recolle que o mugardés Adrián Montero mostrouse violento. O galego detido nunha discusión durante un partido da NBA coñecerá os seus cargos o próximo 1 de marzo. Pero a noticia chegou ata outro galego co mesmo nome, que reside en San Francisco e que se viu asediado nas redes sociais. «Eu non son o Adrián que se pegou na NBA». 

No aspecto económico dámoslle unha volta aos datos do paro publicados onte para comprobar que o día no que o salario mínimo subiu a 900 euros perdéronse 125.000 empregos en España. O Goberno desvincula a medida da avultada caída da afiliación en xaneiro. Tes todos os datos neste gráfico.

E rematamos na cociña para falar do frigorífico, un electrodoméstico básico que moitas veces non usamos correctamente: unha cuarta parte das intoxicacións alimentarias son culpa dunha mala refrixeración. Ensinámosche a colocar os alimentos dentro da neveira.

Mentres durmías

Sete persoas morreron nun violento incendio declarado esta madrugada nun edificio de oito plantas de París, no que tamén se rexistraron 31 feridos. As chamas, que comezaron sobre a unha da madrugada por motivos que aínda se descoñecen, non foron controladas ata cinco horas e media despois.

Galicia en 313 concellos

«Estou viva grazas a que a miña irmá me doou medula». As pontecesanas María Helena e Cristina Pet relatan a súa experiencia para promocionar a doazón no Día Mundial do Cancro.

A ameaza dunha multa marca de 16.000 euros non disuade ao rayacoches de Vigo e píllano outra vez. Os veciños xa non toleran a política de fiestras rotas e presentan 43 denuncias máis contra o xubilado.

Un veciño de Oleiros, na Coruña, denuncia que o FBI matou o seu irmán por erro cando o liberaba dun secuestro en Texas (Estados Unidos).

Opinión

Varios puntos de vista analizan nas páxinas de hoxe a crise de Venezuela. Destacamos dous. Fernando Salgado rexeita neste artigo «as dúas opcións que barallan a Casa Blanca e o palacio de Miraflores: a intervención militar que non descarta Trump e a vietnamización do conflito con que ameaza Maduro». E Fernando Ónega cuéstionase se o ultimato de Europa serve para algo: «Que se pode agardar dun gobernante así que, amais , envólvese na Constitución do seu país? Sen dúbida, non unha solución pacífica, nin moito menos unha solución dialogada». 

O máis destacado dos deportes

O machismo no fútbol fíxose patente nun partido da Segunda División feminina. «Irvos á cociña, sodes unhas merdas, sodes unhas guarras». Estes e outros improperios son os que tiveron que aguantar as xogadoras do Terrasa Club de Fútbol por parte dos seus compañeiros de equipo en categoría veteranos. As imaxes publicadas en Internet provocaron unha gran indignación. 

A actualidade do Celta  lévanos a analizar a permanencia máis concorrida da Primeira División. Dez equipos, entre eles o vigués, están involucrados na loita por seguir na categoría, con Athletic e Espanyol como polos opostos nas dez últimas xornadas.

Na Coruña, Carmelo do Pozo toma as rendas da canteira e insiste na necesidade de renovar «de arriba a abaixo» as categorías basee do Deportivo.

Hoxe será noticia

ERC rexistra no Congreso a súa emenda á totalidade dos Orzamentos do 2019 e pon en risco a aprobación dunhas contas crave para a continuidade do Goberno de Pedro Sánchez. Os secesionistas aproveitan que coinciden o xuízo e o pleno para esixir concesións sobre os presos.