A gripe xa é epidemia en Galicia

Elisa Álvarez González
Elisa Álvarez SANTIAGO

GALICIA

EUROPA PRESS

O virus que máis circula é o da pandemia do ano 2009

17 ene 2019 . Actualizado ás 18:31 h.

A gripe xa superou o nivel basal, así que acada este inverno por primeira vez o nivel epidémico en España, con 109,4 casos por cada cen mil habitantes. Fundamentalmente circulan virus A, o da pandemia, denominado H1N1, e o H3N2. O ano pasado durante as primeiras semanas da onda epidémica o máis frecuente era un virus B. Están nesta fase de epidemia Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Cataluña, Castela e León, Madrid, Castela-A Mancha, Murcia e Baleares. Desde a Dirección Xeral de Saúde Pública confirman que aínda que no informe do Instituto de Saúde Carlos III Galicia aínda non acadara ese nivel, agora xa está tamén en fase epidémica, algo que confirmará o informe semanal que a Xunta publica todos os venres.

Desde o inicio da tempada rexistrouse un brote de gripe nun centro xeriátrico e a media de idade dos pacientes afectados foi de 70 anos. En canto ás hospitalizacións, en España a taxa acumulada é de 5,3 casos por cen mil habitantes, a maioría presentas maiores de 65 anos. A inmensa maioría dos ingresados, o 96 %, tiñan un virus A. A letalidade nos casos graves hospitalizados é do 10 %, e o 72 % dos falecidos tiñan máis de 64 anos. 

En Galicia a gripe tardou en aparecer, e por iso a Xunta decidiu ampliar o período de vacinación para que a poboación poida estar protexida fronte a este virus. Se habitualmente a campaña concluía en decembro, nesta ocasión mantense vixente ata o próximo 25 de xaneiro.