Javier Losada: «Feijoo dá ás a un partido de extrema dereita, xenófobo e misógino»

José Manuel Pan
José Manuel Pan REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

José Manuel Pan

O delegado do Goberno asegura que lle sorprende a «viraxe» do presidente da Xunta ao apoiar o pacto de Andalucía,cun partido «que nega a realidade que sofren miles de mulleres vítimas da violencia machista en Galicia»

11 ene 2019 . Actualizado ás 13:02 h.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, asegura que se sente moi preocupado «pola viraxe que deu Feijoo co apoio ao pacto de Andalucía, que dá ás a un partido xenófobo e misógino que intenta negar a realidade da violencia machista», en clara referencia a Vox

Losada lembroulle a Feijoo que en Galicia hai máis de cinco mil denuncias ao ano de mulleres que son vítimas de violencia machista e que no 2018 tres mulleres foron asasinadas na comunidade polos seus parellas homes. Insistiu na súa preocupación polo cambio que deu o presidente da Xunta ao apoiar o pacto de Andalucía «cun partido de extrema dereita e porque non se pode negar a realidade de miles de mulleres que están a ser vítimas da violencia machista e que necesitan do apoio de toda a sociedade». Losada realizou estas declaracións na sede da Delegación do Goberno durante a presentación do balance de sinistralidade nas estradas galegas durante o 2018.