A gripe provocou en Galicia 68 ingresos hospitalarios

La Voz

GALICIA

Sesenta y cuatro de los ingresados pertenecían a colectivos de riesgo
Sesenta e catro dos ingresados pertencían a colectivos de risco GVA

A epidemia chegou só a tres comunidades, Cantabria, País Vasco e Baleares

11 ene 2019 . Actualizado ás 13:06 h.

As baixas temperaturas están a provocar o que se agardaba desde hai semanas na comunidade, que a onda da gripe inicie o seu ascenso en Galicia. De momento non chegou a fase epidémica, algo que se agarda que ocorra a semana que vén, pero os ingresos hospitalarios soben xa a 68, e de feito 12 persoas requiriron asistencia na UCI. Os datos do Sergas aínda non recollen ningún falecemento por gripe, e de momento o virus que máis circula é o H1N1, o da pandemia da gripe A.

Das 68 persoas ingresadas 31 xa foron dadas de alta e a inmensa maioría, 64, forman parte de colectivos aos que se lles recomendaba a vacinación. Deles, 45 non se vacinaron. A nivel estatal hai xa tres comunidades en fase epidémica, Cantabria, País Vasco e Baleares.