Falece atropelado na AP-9 en Pontevedra cando pretendía preguntar como se ía a Portugal

M. R. / M. G.

GALICIA

MARCOS MÍGUEZ

O ocupante do outro vehículo resultou ferido leve no accidente, que tivo lugar á unha da madrugada

14 dic 2018 . Actualizado ás 20:19 h.

Un home de 67 anos morreu atropelado a pasada madrugada, ao redor da unha, na AP-9 en Pontevedra, dirección Santiago, cando cruzaba a calzada. Ao parecer, o falecido viaxaba coa súa muller nunha Peugeot Partner cando se desorientaron e decidiron parar en plena autoestrada. A vítima aparcou na beiravía dereita e cruzou varios carrís cara á esquerda. Nese momento foi cando resultou mortalmente atropelado por outro vehículo.

Segundo fontes da Garda Civil o matrimonio habíase perdido, estaban desorientados e a súa intención era preguntar por onde se ía cara a Portugal. O home, que conducía, baixouse do vehículo sen chaleco reflector e sen sinalizar o vehículo de ningún xeito. O falecido, de inciales J.R.D.C. tiña domicilio na localidade portuguesa de Nazaré. 

O condutor do outro coche, un Volkswagen Passat, de 22 anos, resultou ferido leve. Segundo fontes da Garda Civil deu negativo en todas as probas de alcol e drogas. Foi trasladado ata o hospital Domínguez de Pontevedra.

Ata o lugar desprazáronse ademais dos servizos de urxencia de urxencia, axentes de Tráfico. Axentes da policía local, bombeiros de Pontevedra, efectivos de Protección Civil e persoal da autoestrada AP-9 foron informados o accidentes polo 112 Galicia