A sanidade leva máis do 40 % das contas autonómicas, case 4.000 millóns

La Voz

GALICIA

12 dic 2018 . Actualizado ás 07:29 h.

Xestionar a Consellería de Sanidade supón xestionar unhas contas de case 4.000 millóns de euros e a responsabilidade de asumir catro de cada dez euros dos orzamentos autonómicos. A maior porcentaxe, o 43 % , destínase a pagar as nóminas do persoal, que engloba a máis de trinta mil traballadores. Pero hai outros ámbitos da sanidade que absorben unha parte inxente dos fondos, como é o capítulo de farmacia, tanto a nivel hospitalario como a través de receitas. No 2019 serán 1.200 millóns, dos que 454 serán para fármacos de hospital e case 739 para os medicamentos que se dispensan con receita nas boticas.

Concertos con hospitais privados, ambulancias e centros de diagnóstico ou de tratamento levan outros 200 millóns dunhas contas que no 2019 elévanse un 3,3 %, ata chegar aos 3.984 millóns, o que supón a cifra máis alta da historia.