Como se fai fronte á velutina en Galicia?

La Voz

GALICIA

Brais Lorenzo | Efe

Non existe un método satisfactorio para erradicar ás avespas, pero hai diversas técnicas encamiñadas a minimizar os seus efectos

19 ago 2018 . Actualizado ás 23:08 h.

A pesar de que non existe un método satisfactorio para erradicar as velutinas nin os seus niños, utilízanse diferentes técnicas encamiñadas a minimizar os seus efectos, desde o trampeo caseiro ata os explosivos. 

Trampas homologadas

A Xunta distribúeas aos apicultores. Esta primavera repartíronse 2.467 trampas homologadas xunto a 5.404 botes e 40.782 monodoses de líquido atraente. Colócanse en lugares onde se detectaron velutinas e deben utilizarse as xustas para non afectar a outras especies. 

Trampas caseiras

Desde botellas de plástico ata cazamariposas. No protocolo inclúense as instrucións para fabricar trampas con botellas de plástico. O líquido que se utiliza para atraer ás avespas é unha mestura con base de cervexa negra e azucre. Pero os apicultores tamén tiran de imaxinación e crearon os seus inventos. Un dos que destaca é un cazamariposas unido á tapa dunha caixa metálica de galletas. 

Arpa eléctrica

O sistema aconsellado pola Asociación Galega de Apicultura. Consiste en colocar xunto ás colmeas unha serie de fíos de aceiro inoxidable cunha separación de dous centímetros, que deixa pasar a abéllalas pero non ás avespas. A intensidade adecúase para aparvar ás invasoras. 

Pértegas e espray

Veleno para a velutina. Os botes están cheos dun composto chamado cipermetrina, letal para as avespas. Nos casos en que o niño está a gran altura, utilízanse pértegas para fumigar. 

Explosivos

Fulminar os niños. Lolo Andrade, presidente da AGA, é un auténtico experto na loita contra a especie. Un dos seus sistemas consiste na aplicación dun explosivo ao niño para volatilizar os enxames da avespa asiática.