Investigan a un condutor que ía en Carral a 140 por hora nun tramo limitado a 50

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

Ana Garcia

Foi detectado na N- 550 e parado pouco despois por unha patrulla de Tráfico. Ten 45 anos e vive en Albacete

18 ago 2018 . Actualizado ás 00:01 h.

A Garda Civil investiga a un condutor que circulaba polo municipio coruñés de Carral case triplicando a velocidade permitida. Os feitos producíronse sobre a unha da madrugada do mércores, cando un radar de Tráfico detectou a un turismo, marca Mini, que circulaba a 140 quilómetros por hora nun tramo con limitación de velocidade a 50.

O vehículo foi detectado no quilómetro 14 da estrada N-550 (A Coruña-Tui). Posteriormente, unha patrulla da Agrupación de Tráfico procedeu á súa paralización e a identificar o condutor do turismo, que ten 45 anos e reside en Albacete. O investigado enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses, multa de seis a doce meses ou con traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, e retirada de carné dun a catro anos.