As espectaculares imaxes dun centenar de golfiños «cazando» en Galicia

GALICIA

LA VOZ

O Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI) documenta, por primeira vez, un dos festíns máis impresionantes dos nosos mares

07 ago 2018 . Actualizado ás 21:35 h.

«Xamais viramos isto e, moito menos, gravado nin documentado». Bruno Díaz, director do Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI), cóntanos como conseguiron gravar un momento único de forma inesperada.

«O avistamento foi entre as illas de Sálvora e Ons o pasado 25 de xullo. Estabamos a traballar na observación normal de cetáceos cando vimos unha gran concentración de gaivotas, alcatraces, etc. Achegámonos e démonos conta de que tamén había un centenar de golfiños e ata atúns de dous metros saltando fose da auga», foi entón cando o equipo do BDRI deuse conta do que estaba a suceder e de que estaban a asistir a un momento único. Entón, comezaron a gravar coa axuda dun pértega que sempre levan na embarcación. Todo sen alterar o comportamento dos depredadores. 

«Unha loita pola supervivencia convertida nun espectáculo da natureza. En poucas ocasións pódese estar tan preto dun evento tan extraordinario e único na natureza, asistindo ao ciclo da vida do océano. Nesta coreografía, os protagonistas son os centos de depredadores que acoden a alimentarse dunha inmensa masa de peixes de nome xenérico «lanzón» que cruzan as nosas augas para alimentarse e con dirección a augas máis frías do norte. Aquí non hai crocodilos, leóns nin gacelas, pero si centos de gaivotas, pardelas, alcatraces, quenllas, atúns e golfiños que aproveitan a presenza do lanzón para darse un festín», describen desde o Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares.

 «Só vin unhas imaxes como estas en os documentais de sudáfrica que narran a migración da sardiña. É algo raro e único en augas galegas», di Bruno Díaz.

Os golfiños actúan como «cans pastores» e capitanean a estratexia de caza da que logo se aproveita o resto de depredadores. «Os golfiños, en realidade, empregan unha técnica de pastorear parte do cardumen de lanzón en grupos densamente compactos, chamados «bólas de carnada» ou «birlos». Ao traballar en conxunto baixo a auga, os golfiños empurran á bóla de carnada cara á superficie, facendo remolinos, xiros e nadando baixo o cardumen mentres que desde o aire as aves mariñas abalánzanse sobre o banco de peces».

As imaxes son impresionantes ofrecendo un espectáculo visual e acústico único