A Xunta activa o horario de verán para funcionarios con redución de xornada

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

Santi M. Amil

Esta medida, que se autoriza para facilitar a conciliación, estenderase ata o próximo 15 de setembro

17 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os funcionarios da Xunta que teñen autorizada a redución de xornada poderán acollerse desde mañá ao horario de verán, que reduce nunha hora e media a xornada de traballo. Así, estes empregados públicos deberán realizar seis horas diarias de traballo continuadas entre as oito da mañá e as tres da tarde, en lugar das sete horas e media que establece o convenio oficial.

Esta medida estenderase ata o próximo 15 de setembro. A Xunta insiste en que este horario se autoriza cada ano para facilitar a conciliación familiar.