Vinte e dous mil empregados do Sergas cobrarán un 6 % máis si logran obxectivos

Sanidade descarta que se poida rebaixar a carreira profesional por baixo rendemento

.

Santiago / a voz

Sindicatos e Sergas síntanse hoxe á mesa para debater un borrador completo sobre a carreira profesional, unha fórmula para recoñecer a experiencia e os coñecementos duns 22.000 traballadores (o persoal fixo), que terán un incremento medio das súas retribucións dun 6 %. Cada vez que alcancen un grao de carreira sumarán entre 732 euros e 2.937,84 euros ao ano en función da súa categoría. Os médicos, por exemplo, lograrán os tres mil euros. Para lograr o último grao de carreira -hai catro- haberá que acumular 23 anos de antigüidade no caso dos licenciados sanitarios e 25 no resto. E unha vez alcanzados estes escalafones serán practicamente irreversibles. Sanidade expuxo retirar estes complementos por baixo rendemento, pero eliminou esta opción do seu último borrador. Só se poderá perder un grao por falta grave, e incluso dous sis é moi grave. Esta é a primeira vez que se aplica en Galicia a carreira profesional ordinaria, polo que todos os traballadores que cumpren os requisitos entrarán por unha vía transitoria, e en función das dispoñibilidades orzamentarias cobrarán o 50 % do complemento que lles corresponde no 2019 e o outro 50 % no 2020.

Para lograr un destes graos necesítase acreditar, ademais dos anos traballados, méritos de actividade asistencial; competencia asistencial; formación, docencia e investigación; e compromiso coa organización, que se encargará de avaliar un comité. 

Centros de difícil cobertura

No caso dos traballadores con titulación sanitaria universitaria, un parámetro a valorar será prestar servizos en centros de distintas localidades ou de difícil cobertura asistencial. Tamén dedicación exclusiva ao sector público, ter postos de xefatura ou participar en órganos de selección.

Votación
21 votos
Comentarios

Vinte e dous mil empregados do Sergas cobrarán un 6 % máis si logran obxectivos