O número dous de En Marea discrepa da consulta ás bases sobre a dimisión de Quinteiro

Domingos Sampedro
Domingos Sampedro SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

Antón Sánchez, de En Marea, en el Parlamento
Antón Sánchez, de En Marea, no Parlamento SANDRA ALONSO

Antón Sánchez sostén que a vía adecuada para abordar unha falta ética é o procedemento de cesamento ou revogación

16 may 2018 . Actualizado ás 13:50 h.

O portavoz nacional de Anova e número dous do grupo parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, marcou este mércores distancias coa consulta ás bases decidida impulsada por Luís Villares acerca de se a deputada Paula Quinteiro debe ou non dimitir tras o incidente que mantivo hai dous meses coa Policía Local de Santiago, no que fixo un uso inadecuado da súa condición de parlamentaria.

Sánchez eludiu confirmar se vai ou non a participar na consulta de En Marea e dixo que «temos un procedemento concreto» para resolver as cuestións éticas dentro do partido instrumental que é o procedemento de cesamento e revogación de cargos públicos, «que ademáis ten carácter vinculante», esgrimiu.

O dirixente de Anova aclarou que o resultado da consulta non ten carácter vinculante e poida que non contribúa a resolver a situación, senón que se alongará aínda máis unha discusión interna que, en opinión de Antón Sánchez, «non nos beneficia», pois lle resta «visibilidade» ao labor político que desenvolve En Marea no Parlamento.