Tráfico rende homenaxe póstuma ao policía de Carballo atropelado nun control de alcoholemia

GALICIA

O axente morreu en maio arroiado por un condutor que deu un elevado positivo

13 dic 2017 . Actualizado ás 16:44 h.

A Direccion Xeral de Tráfico rende hoxe en Madrid unha homenaxe póstuma a José Luis Garea Vales, o policía local de Carballo que morreu atropelado o pasado mes de maio cando realizaba un control de alcoholemia xunto a outros policías locais e gardas civís. O condutor que o atropelou deu un elevado positivo nas dúas probas de aire expirado que lle foron realizadas 0,94 e 0,91, cando a taxa legal é de 0,25. O director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, concédelle a Garea a medalla ao mérito da seguridade viaria. 

Tamén reciben a mesma distinción Ana María Novella, presidenta de Stop Accidentes, a Asociacion Nacional de Empresas de Auxilio na estrada (ANEAC) e o programa Seguridade Vital, de TVE.