Os aeroportos galegos crecen un 10 % respecto ao ano pasado

La Voz / Axencias

GALICIA

XOAN A. ADOITAR

No que vai do 2017, Peinador recibiu 993.793 pasaxeiros, Alvedro 1.055.809 e Lavacolla acada os 2.443.943 viaxeiros

12 dic 2017 . Actualizado ás 19:54 h.

Os tres aeroportos galegos aumentou un 10.6 % o seu fluxo de persoas respecto ao ano pasado. Durante o mes de novembro rexistráronse un total de 360.134 pasaxeiros segundo as estatísticas de Aena .

Por terminais, a que máis creceu foi Peinador con 80.400 pasaxeiros no último mes de novembro, o que situará a cifra ao rematar o 2017 en ao redor dun millón de pasaxeiros. Desas cifras, 77.580 corresponden a traxectos nacionais (Madrid, Bilbao e Barcelona) e 2.820 a traxectos internacionais (Lisboa). E pola terminal de carga contabilizáronse 103 toneladas de mercancía, un 269,6 % máis que no mesmo mes do 2016. 

O segundo aeródromo que máis aumentou do territorio galego é o de Alvedro  na Coruña, con voos a Barcelona, Madrid e Sevilla dentro de España, e Londres e Lisboa fóra das nosas fronteiras. Este aeroporto recibiu 95.813 pasaxeiros. Un 11,3 % máis que na mesma data do ano pasado.

E para rematar, o de Lavacolla  en Santiago, que con 183.139 pasaxeiros en termos absolutos creceu un 8,1 % máis.

Deste xeito, no que levamos de ano, Peinador suma ata a data 993.793 pasaxeiros, Alvedro 1.055.809 pasaxeiros  e Lavacolla chega a 2.443.943 viaxeiros.

O aeroporto mellor conectado con Madrid é Peinador, xa que ten 56 frecuencias semanais coa capital, 18 máis que as que ten Santiago e seis máis que A Coruña.

O aumento de pasaxeiros que se rexistrou no último mes de novembro se esta vendo afectado o temporal que azouta á comunidade. As pistas de Peinador tiveron problemas, especialmente durante a xornada do pasado domingo 10 de decembro para recibir aos voos procedentes de diferentes puntos da xeografía, xa que os fortes refachos de vento que azoutaron a cidade non permitiron que aterrasen os avións. A día de hoxe todo a situación está normalizada e o aeroporto funciona con regularidade.