O Parlamento modifica a orde do pleno para abordar os incendios

GALICIA

SANDRA ALONSO

A oposición pedía a comparecencia de Feijoo, pero o PP aprobou que interveña a conselleira de Medio Rural

17 oct 2017 . Actualizado ás 10:44 h.

Os incendios abriron o pleno do Parlamento galego. Ás camisetas que levaron os deputados de En Marea sumouse a petición conxunta de todos os grupos da oposición para pedir a modificación da orde do día e a comparecencia de Feijoo para explicar a situación dos incendios forestais. Ana Pontón, a portavoz do BNG, foi a encargada de defender esta petición «nesta situación excepcional que vive ou noso país». O PP defendeu a posibilidade de aplicar este artigo 73 para alterar a orde do día pero propuxo a comparecencia da conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez. Finalmente aprobouse esta iniciativa cos votos a favor do Partido Popular e a abstención da oposición.