Unha deputada de En Marea equipara Cataluña coa violencia machista

Ángela Rodríguez publicou un chío que desatou a polémica

.

A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, desatou a polémica en Twitter ao equiparar o desafio secesionista de Cataluña coa violencia machista. «¿Quen trae o diñeiro a casa? Es miña. Feixes o que eu che diga.Pégoche o que me dá a gana. Cambiade esposa por Catalunya e tédelo», aseguraba Ángela Rodríguez durante a comparecencia de Mariano Rajoy no Congreso para falar sobre a declaración de independencia que o pasado martes fixo para segundos despois pedir a súa suspensión ao Parlmament. 

As reaccións na rede social non se fixeron esperar e foron moitos os que reporcharon a comparación de Ángela Rodríguez cunha secuela social como é a violencia machista e a crise independentista en Cataluña. Algúns incluso lle afeaban á deputada de En Marea o seu comentario, despois de que hai apenas unhas semanas, Podemos descolgásese do pacto histórico contra a violencia machista

Ángela Rodríguez xa protagonizou hai meses un duro enfrontamento no seo de En Marea e Podemos Galicia, ao saír á luz un vello insulto seu a Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia

Votación
17 votos
Comentarios

Unha deputada de En Marea equipara Cataluña coa violencia machista