Unha irrupción de aire polar fará que baixen as temperaturas o fin de semana

O cambio chegará o xoves da man dunha fronte que deixará precipitacións e arrastrará ademais ese aire xélido que permitirá que as temperaturas rexistren valores baixos

Unha entrada de aire polar adianta o outono en Galicia A partir do xoves descenderán de forma notable as temperaturas. Os valores serán baixos para a época do ano.

 A falta de coñecer como será o outono, a estación pon un pé esta semana en Galicia. Ata o domingo espérase un derrubamento das temperaturas. O anticiclón dos Azores estende a súa influencia cara ao Atlántico norte e, xunto a unha borrasca sobre a península escandinava, vai crear un corredor de aire frío de orixe ártica. O cambio chegará o xoves da man dunha fronte que deixará precipitacións e arrastrará ademais ese aire xélido que permitirá que as temperaturas rexistren valores baixos para a época do ano.

Con esta configuración é habitual que neve e rexístrense cifras negativas, pero non debemos esquecer que aínda é verán. Así que este episodio de aire polar deixará máximas por baixo dos vinte graos de forma xeneralizada e mínimas que non superarán os dez. Iso si, o vento de compoñente norte e a humidade provocarán un cambio brusco na sensación térmica que se deixará notar. Aínda que xa se sabe que este é un parámetro subxectivo e dependerá de cada persoa. De todos os xeitos, polo si ou polo non, vaian sacando o abrigo.

Votacin
16 votos
Comentarios

Unha irrupción de aire polar fará que baixen as temperaturas o fin de semana