O Compos recibirá ao Ourense o domingo ao mediodía

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

FUTBOL GALEGO

XOAN A. ADOITAR

Álex Ares é dúbida para o partido

17 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A coincidencia de data co partido que librarán o Obradoiro e o Madrid o domingo ás 17 horas en Sar propiciou que o Compos adiante ao mediodía desa mesma xornada o seu compromiso co Ourense, xa que algúns dos seus abonados o son tamén do club de baloncesto. Deste xeito, poderán acudir ás dúas contendas, que chegan cargadas de interese.

No plano estritamente deportivo, o equipo gozou onte dunha xornada de descanso. A gran dúbida de cara a esta fin de semana é Álex Ares, que prosegue coa recuperación da lesión de xeonllo que sufrise ante o Arousa e que lle impediu xogar na Malata. De momento, continúa fóra de grupo.