Burela, Cervo, Folgueiro e Barreiros, aos oitavos de final de Copa

I.M.B.

FUTBOL GALEGO

XAIME RAMALLAL

O Lourenzá foi o único equipo mariñán eliminado na segunda rolda

21 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Burela, o Cervo, o Folgueiro e o Celta Barreiros serán os representantes mariñáns nos oitavos de final de Cópaa Deputación para clubs de Segunda e Terceira Galicia. Tal e como estaba previsto, o cadro burelense apenas tivo problemas para vencer ao Celeiro-Club do Mar (1-8), mentres que o Cervo se impuxo por 2-0 ao Abadín e o Celta Barreiros eliminou ao Rábade nos penaltis tras 90 minutos sen goles (0-0). O Folgueiro xa conseguira o billete o sábado derrotando por 0-2 ao Goiriz. A cruz nesta segunda rolda do torneo foi para o Lourenzá, que quedou apeado no campo do Matela (1-4).

Derbi na seguinte rolda

O Folgueiro e o Burela veranse as caras no campo do primeiro por unha praza nos cuartos de final, en tanto que o Cervo xogará co Matela no seu campo da Bidueira, e o Celta Barreiros deberá desprazarse ata A Fonsagrada para loitar por un posto entre os oito mellores equipos da competición.