A axenda de lecer da fin de semana

FUGAS

cedidas

Coque Malla, Vudú, The Levitants, o Rec Fest e o Super Bock de Vigo, entre as grandes citas para estes días

22 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Venres 22 de novembro

THEE BLIND CROWS

A última oportunidade

Non de ver á banda pero si con esta formación, xa que o seu baixista deixa de actuar en directo. Regresan á Mardi por ter dado un dos mellores concertos do ano na sala. Súmanse á festa Praia Desmaio e as dúas compoñentes de Bala en formato DJ.

• • • A Coruña, MARDI GRAS, VENRES, 22.00, 10 EUROS

cedidas

COQUE MALLA

Revolucionario

E non, non o é pola súa alegación política, que tanto ha dado que falar estes días. O é polo discazo que acaba de editar, Revolución, unanimemente considerado como o mellor da súa carreira en solitario. Escoitalo unha soa vez basta para entender o seu título.

• • • A Coruña, TEATRO COLÓN, VENRES, 20.30, DESDE 26 EUROS

VUDÚ

Un merecido descanso

Retíranse aos seus aposentos. E ben o merecen, que practicamente non pararon dende que hai un ano publicaran o seu disco. O de hoxe será o seu último concerto nunha temporadiña. Botarémolas de menos.

• • • Lugo, Clavicémbalo, venres, 22.30, 5 EUROS

The Levitants 

Escuros e vertixinosos

Voz e guitarra, batería e sintetizadores. Non necesita baixo este trío valisoletano apadriñado por Subterfuge para plasmar a súa proposta musical en clave de dark rock. Escuros, vertixinosos, enérxicos, magnéticos e armados nas súas cancións cunhas demoledoras cargas de profundidade existencial.

• • • pontevedra, karma, venres, 22.30, 12 euros

cedidas

AUTUMN LIVE FEST

Ao corno a melancolía

Quen dixo que o outono era un tempo de melancolía? Será noutro lugar, non en Vigo. Alí agárranse os machos e se enfundan o coiro para enfrontarse a seis horas de descarga metalera. Cos alemáns Brainstorm e os italianos Sinheresy reforzados polos nosos Tálesien, Aquelarre e Quarzum.

• • • VIGO, master, venres, 20.30, 18 euros

SUPER BOCK UNDER FEST

Cando a música todo o chea

Propostas musicais diferentes para distintos momentos e en espazos diversos. Iso é basicamente o que propón durante tres días o festival vigués. E non lle vai mal. Xa esgotou os abonos. A clave, ademais do innovador formato que obriga a unha peregrinación polas salas e espazos de referencia da música en directo na cidade, está no atinado da selección musical. A artistas internacionais de incuestionable poder de convocatoria como Eli Paperboy Rede (na foto, sábado, teatro Salesianos), Peaches (sábado, Mondo) ou The Soft Moon (sábado, A Fábrica) súmanse outros nacionais como Enric Montefuso (venres, A Fábrica), Ana Curra (venres, A Iguana), Derby Motoreta's Burrito Kachimba (domingo, A Iguana) e algúns galegos, como Ortiga ou The Lelly Kellys. En total, 27 concertos. Un gran cartel.

• • • Vigo, en varias salas, ata o domingo

Sábado 23 de novembro

REC FEST

Viva a mestizaxe (indoor)

Non, os festivais xa non son só para o verán. E aquí vai outra proba. A primeira edición do Rec, paradigma da mestizaxe baixa cuberta, capaz de congregar a xornada única a Ska-P, Dakidarría, A Regadera, Bastards on Parade, Machete en Boca e Ezetaerre.

• • • A Coruña, coliseum, sábado, 20.00, desde 34,25 euros

cedidas

REMEMBERLAND

Abonda un «diridadadá»

Anúnciase a Whigfield como cabeza de cartel dunha noite para o recordo. Pero dela pouco máis lembramos que aquel hit que foi Saturday Night, publicado en 1994 peros absolutamente vixente. Si, o de diridadadá , o da inevitable coreografía. Fagan a proba. Tamén asomarán por alí Floorfilla, Ramírez e DJ Ross.

• • • A Coruña, pelícano, sábado, 18 euros

MOLLO EXPERIENCE

Intensos, explosivos

Non quedará un gramo de enerxía sen entregar. Se algo caracteriza a esta banda é a súa xenerosidade en escena. Fieis ao espírito daqueles músicos aos que admiran, os grandes nomes da psicodelia, do hard rock e, por suposto, do blues. Do máis explosivo.

• • • VIGO, O CONTRABAIXO, SÁBADO, 22.00, 5 EUROS

THE MOUNTAIN GOATS

O outono americano é así

Entre o indie folk e o indie rock, con querenzas o-fi, transita a proposta desta banda estadounidense. Moi na onda do American Autum.

• • • OURENSE, TORGAL, SÁBADO, 22.00, 22 EUROS

GÜINTERVAN

Folk festeiro

Unha das bandas máis bailables e festeiras do folk galego. A súa proposta mestura melodías balcánicas con coloristas harmonías e veloces ritmvos.

• • • VILAR DE SANTOS, A Arca DÁ NOE, sábado, 21,30, a vontade

THE SOUL JACKET

Suor e decibeis

Non podían faltar nas celebracións do 20 aniversario da sala. Poucos grupos galegos representan a súa esencia como eles. Rock e soul de moitos quilates. Suor e decibeis. A festa proseguirá cunha sesión de rock e garage a cargo de Duendeneta Dillei.

• • • A Coruña, MARDI GRAS, SÁBADO, 22.30, 13,20 euros

Domingo 23 de novembro

REDE HOUSE

Esperta O Náutico

O local de San Vicente esperta por un día do seu letargo para recibir cos brazos ben abertos e sorriso non disimulado, en sesión acústica e de mediodía, á calor da cheminea, aos incombustibles Jeff Espinoza e Francisco Simón coa súa correspondente dose de blues deluxe.

• • • O Grove, O NÁUTICO, DOMINGO, 13.00, 8 euros

E ADEMAIS

JEFF BALLARD • • • A Coruña, sede AFUNDACIÓN, XOVES 28, 20.30, 15,60 EUROS

MIKE ROSS • • • A Coruña, BâBâ, XOVES 28, 21.00, 10 EUROS

AGORAPHOBIA • • • SANTIAGO, CAPITOL, XOVES 28, 21.00, 12 EUROS

ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL CON TOURIÑÁN • • • A Coruña, MARINEDA CITY, XOVES 28, 20.00

axenda.fugas\lavoz.es