A axenda de lecer da fin de semana

FUGAS

cedida

Güru, Beret, Marea, Os Marcianos, Rosa Cedrón e o Barbeira Season Fest, entre as citas máis destacadas para estes días

20 sep 2019 . Actualizado ás 10:31 h.

Venres 20 de setembro

GÜRU

Proxecto de David Palau

O virtuoso David Palau, quen participou en máis de dous miles concertos acompañando a figuras da talla de Serrat, Joaquín Sabina ou Alejandro Sanz, presenta o seu proxecto persoal, a súa banda e as súas composicións propias.

• • • A  Coruña, Garufa, venres, 22.00, 10 euros

 MALDITOS PENDEJOS

O puto rock and roll

Comezaron sendo un máis deses moitos grupos de versións, pero a publicación do seu primeiro disco con temas propios, O puto Rock&Roll, situounos noutro status. O power trío ferrolán presenta ese traballo en directo xa nun escenario de entidade.

• • • SANTIAGO, CAPITOL, VENRES, 21.30, 8 EUROS

BAKIN BLUES BAND

A perfecta máquina do blues

Que a Bakin soa como un canón non é ningún segredo para os seguidores da escena do blues en Galicia. Chegar a un público máis amplo é o que este quinteto e a súa música (unha exquisita combinación de blues de Chicago, soul e boogie boogie) xa se van merecendo.

• • • A Coruña, BABA BAR, VENRES, 22.00, 8 EUROS

AMES JAZZ

Un plan deluxe

Exquisita proposta a desta velada. Abren a noite a cantante Mónica de Nut e o guitarrista Virxilio da Silva presentando o seu proxecto Dous fíos invisibles chegan as cores. De seguido será a quenda do inapelable trío do contrabaixista Xacobe Martínez Antelo, con Xosé Miguélez ao saxo e Max Gómez á batería.

• • • BERTAMIRÁNS, PAZO DÁ PEREGRINA, VENRES, 22.30, GRATUÍTO

SKUNK D.F.

Nu metal en «esencia»

Un cuarto de século, aí é nada, leva a banda que lideran Germán Gonzalez e Pepe Arriols dándolle vidilla á escena do nu metal estatal. Acaban de iniciar nova xira, Esencia. Estes dous de Galicia serán o seu segundo e terceiro concerto.

• • • SANTIAGO, MOON, VENRES, 21.30, 15 euros

• • • VIGO, FÁBRICA DE CHOCOLATE, SÁBADO, 21.30, 15 euros

CAUDAL FEST

O ultimo gran(de)festival do ano

A tempada de macrofestivales chega ao seu fin cunha proposta en grao sumo ecléctica. Desas que non sabes moi ben se gustan a todo o mundo ou non acaban de gustar do todo a ninguén. Marea, O Adhesivo, A M.Ou.D.A., Toteking e Os Bengala conforman a amálgama de hoxe. Para mañá queda axuntar a propostas, entre outros, de Izal, Beret, Xoel López e Carolina Durante.

• • • LUGO, Xardín do pazo de feiras, venres e sábado, abono: 59,50 euros; entrada 1 día: 38,50

FESTIVAL DE MÚSICA REBELDE

Rebeldía e rebelión

Moito más claro, polo menos en canto á dirección conceptual a tomar, o teñen en Ponteareas. Porque no musical tamén hai variedade. O concerto central correrá por conta da poderosa banda local de hip hop activo e combativo Rebeliom do Inframundo. Antes soará o rock de esencias americanas con profunda carga feminista da non menos combativa Pauliña e o «punk de taberna» dos vigueses Falperrys.

• • • Ponteareas, parque Feira Vella, venres, 19.30, gratuíto

Sábado 21 de setembro

ROCK IS DEAD FEST

Rock de parranda

Doce horas de concertos propón a romaría rock compostelá. Os Lombardi e The Skirls na sesión vermú. Os alumnos da Casa do Rock e Helena Egea pola tarde. E The Fabulous Resaca Brothers, Freedom: The Very Best of Aretha Franklin e Flúe na sesión de noite.

• • • Santiago, Parque de Belvís, desde as 13.00, gratuíto

BARBEIRA SEASON FEST

Son non Camiño (Portugués)

Os Punsetes, O Cuarto Vermello, Cecilio G, Cariño, Boyanka Kostova, A Ben Querida, Zeltia, Thomas Dylan & Balea, Axolotes Mexicanos e Ale González conforman o cartel deste festival vinculado á promoción do Camiño Portugués.

• • • BAIONA, PRAIA BARBEIRA, SÁBADO, 53,50 EUROS

Os MARCIANOS

Desde Vigo contra o mundo

Esta semana Julio Ruiz estreou en Disco Grande (Radio 3) Supersónica, o single adianto de Contra o mundo, o novo disco do grupo vigués que se editará en novembro. Mañá tes ocasión de escoitar un adianto en directo.

• • • FERROL, CORDA FROUXA, SÁBADO, 22.00, GRATUÍTO

Alejandro Vargas e Rosa Cedrón

Chané na Habana

En formato de cuarteto (acompañados por José Manuel Díaz ao contrabaixo e L.A.R. Legido á batería) presentan o espectáculo Chané na Habana, interpretando en clave de jazz cubano a música do compositor galego José Castro, Chané, unha das figuras do rexurdimento musical galego a finais do XIX, morto en Cuba no 1917.

• • • MOAÑA, VAR CON UVE, SÁBADO, 21.00, 5 EUROS

Domingo 22 de setembro

DAKIDARRÍA

Dous concertos, dous formatos

Esta noite, nas festas do Cristo do Porriño actuarán en formato eléctrico xunto a Banda Crebinsky. O domingo pola tarde farán o propio en acústico no fantástico emprazamento da terraza do bar situado xunto á Caracola de Cabo Home.

• • • O Porriño, RÚA DOMINGO BO, VENRES, 21.30, GRATUÍTO

• • • CANGAS, A CARACOLA DE CABO HOME, DOMINGO, 18.30, GRATUÍTO

Carla Green & The Demons

Evocaciones dos anos dourados do soul

«Soul preparado para ser disparado directamente ás vosas almas», proclama a cantante compostelá na súa presentación. E si, diso vai a cousa. De levar aos escenarios, acompañada por un cuarteto de luxo (e esta vez non é un tópico) a esencia do soul dos anos 60 e 70. Cun repertorio no que teñen cabida Otis Redding, Etta James, Wilson Pickett e outros grandes dos anos dourados do xénero.

• • • O Grove, O NÁUTICO, DOMINGO, 20.00, 5 EUROS

E ADEMAIS

NON SCIENTIST • • • A Coruña, Mardi gras, martes, 21.00, 10 euros

DIRTY SOUND MAGNET • • • CULLEREDO, Fórum Célticum, xoves, 21.00, 12 euros

axenda.fugas\lavoz.es