A axenda de lecer da fin de semana

FUGAS

cedida

Noah Histeria, Lost Minnow, A Fura dels Baus e Juan Zelada, entre as citas destacadas

07 feb 2019 . Actualizado ás 21:31 h.

Venres, 8 de febreiro

SOM DO GALPOM

Con inminente novo disco

Os gañadores do premio Martín Códax 2018 de Músicas Urbanas presentan o adianto do seu inminente novo disco e novo espectáculo. «Un paso máis alá na busca de ondas sonoras», din. «Máis rock, máis folk... Máis Som do Galpom».

  •  LUGO CLAVICÉMBALO VENRES, 23.30 5 EUROS

NOAH HISTERIA + LOST MINNOW

O renacer do progresivo

A gran revelación do rock progresivo español do 2018, os valencianos Noah Histeria, actúan hoxe xunto a quen poden selo dentro moi pronto, os coruñeses Lost Minnow. En Vigo, mañá, estarán acompañados pola banda de metal underground Réplyca.

  • CULLEREDO FÓRUM CELTICUM VENRES, 21.30 8 euros - VIGO TRANSYLVANIA SÁBADO, 22.00 11 EUROS

VERONA + IGLOO

Nova xeración indie

Verona asomáronse ao indie nacional no 2016 da man de Subterfuge e baixo a produción de Neuman. Tremendas credenciais. Un epé e un disco longo abondáronlles para situarse nos primeiros postos da grella de saída de tan competitiva escena.

  •  VILAGARCÍA BIANCO VENRES, 22.30 4 EUROS

a. bofill

A FURA DELS BAUS

«Carmina Burana» en modo Fura

A Fura en estado puro. Todos os elementos que caracterizan e singularizan á compaña danse cita nesta impresionante montaxe que, con máis de 30 artistas en escena, une a poderosa música de Carl Orff co non menos potente universo da Fura.

  •  A Coruña PALACIO DA ÓPERA VENRES, 20.30; SÁBADO 18.00 E 20.30; DOMINGO, 18.00 DESDE 31 EUROS

JUAN ZELADA

Agora di que non se vai ata que non bailes

Ninguén xamais puxo en cuestión o enorme poder de sedución da música de Juan Zelada. Soul e R&B de moitos quilates. Se seica se escoitou algunha obxección tras os seus concertos referida ao seu excesivo acougo. Pero iso acabar. No seu novo disco, Mil fiestras, publicado fai un par de semanas, Zelada sóltase a melena e, sen abandonar a negrura das súas influencias, non só se penetra no territorio do funk e da música disco senón que o fai cantando por primeira vez en castelán. E advirte: «De aquí non me vou ata que non me bailes».

  • A Coruña, Mardi Gras, venres, 22.30 11 euros VIGO A Fábrica de Chocolate, sábado, 22.00 11 euros

Sábado, 9 de febreiro

EXTREMA URXENCIA

Saídos da caverna

Teñen a honra de ser o único grupo coruñés que actuou no mítico The Cavern de Liverpool e de ter tocado con The Quarrymen (embrión de The Beatles). Aínda que é no blues e no soul onde din atoparse máis cómodos.

  •  A Coruña BâBâ Bar SÁBADO, 22.30 5 EUROS

MOON CRISTA

Vinte anos de funk'n'roll

Dúas décadas cumpren neste 2019 os de Vigo. E aí seguen, inasequibles ao desalento, descargando alí onde llo permiten o seu arsenal de «funk & roll».

  • CAMBADOS KRAZZY KRAY SÁBADO, 23.30 5 euros.

MOZART HEROES

Amadeus desmelenado

Riffs de rock brutais e partituras de películas épicas interpretadas con violoncelo e guitarra por dous músicos suízos de formación clásica.

  • LUGO VELLO CÁRCERE VENRES, 20.30 GRATUÍTO ; FERROL TEATRO JOFRE SÁBADO, 20.30 10 EUROS; VIGO MÁSTER DOMINGO, 20.30 13,20 EUROS

LOU REYES BAND

O valor da honestidade

Se de algo vai sobrado Lou Reyes é de oficio e de honestidade. Trinta anos co tupé en todo o alto dan para moito. Mesmo para reinvertarse. Sen abandonar a súa esencia, iso si. O compostelán presenta a súa nova banda e novo repertorio, no que teñen cabida desde o rockabilly máis cincuentero ata o tex-mex máis rancheiro, pasando polo country e o rock clásico americano.

  • CULLEREDO FÓRUM CÉLTICUM SÁBADO, 22.30 8 EUROS

LEO BASSI

Bufóns fronte á apatía

«Esta obra está dedicada ás novas xeracións que se rebelan contra as inxustizas e o cinismo do poder, coa esperanza de que a rebeldía e a vitalidade dos bufóns poidan ser inspiradoras nestes tempos confusos», explica o irreverente cómico respecto do último bufón, un espectáculo no proclama nin máis nin menos que o inicio do «levantamento bufonesco fronte á apatía ética». ¡Sorte mestre!

  •  PONTEVEDRA TEATRO PRINCIPAL SÁBADO, 21.00 12,25 EUROS

DOMINGO, 10 de febreiro

BRIGADA BRAVO & DÍAZ

Músicas en guerra

O dúo formado polo zanfonista Germán Díaz e o guitarrista Antonio Bravo presentan Músicas en Guerra, espectáculo conformado por músicas da Guerra Civil española, e da primeira e segunda Guerra Mundial.

  •  A Coruña GARUFA DOMINGO, 20.00 10 EUROS

DA CARMELA

¡Que bonito o fan!

Daniel Felices, guitarrista dos sempre sedutores D' Caládevos embarcouse nun proxecto no que lle acompaña a hechizante voz de Queralt Lahoz. Xuntos penétranse no bolero, o flamenco, o son, o tango e a canción de autor. ¡E soa taaan bonito!

  • BUEU ATURUXO DOMINGO, 20.30 10 EUROS

E ADEMAIS

  • MICHALE GRAVES A Coruña MARDI GRAS LUNS 11, 21.00 18 EUROS
  • DAVID AMOR  VIGO URBAN MARKET XOVES 14, 21.00 CON INVITACIÓN
  • VUDÚ  LUGO CLAVICÉMBALO XOVES 14, 22.00 8 EUROS; CANGAS SALASÓN VENRES 15, 22.30 8 EUROS