Rozalén: «Sempre estou a escribir por e para a muller»

CAROLINA DOMÍNGUEZ GONZÁLEZ--BICADA / S. F.

FUGAS

cedida

O seu primeiro instrumento foi a bandurria, algo que xa deixaba claro o especial que sería. Danlle a vida os concertos en pobos pequenos, porque alí foi onde empezou. Marca a diferenza en cada un deles grazas a Beatriz e a lingua de signos, aínda que a súa forza lle vén de familia. Ela defínese como unha muller de raíz

05 oct 2018 . Actualizado ás 08:23 h.

Rozalén (Albacete, 1986) é unha artista que cantaba as cancións que lle ensinaban a súa nai e a súa avoa. Desde pequena tocou a bandurria e a guitarra. Comezou a compor cancións con só 14 anos. Motívalle sobre todo a crítica social e en todas as súas letras transmite unha mensaxe con moita forza. Unha artista que sempre ofrece a súa voz para calquera acto benéfico e que leva tocando en pobos pequenos desde os seus comezos ata agora. Saltou á fama no 2013 co seu disco Con dereito a e… hoxe é un das artistas máis coñecidas en España, onde a súa Porta violeta converteuse en todo un himno contra a violencia machista.

-Sempre afirmas que es «unha muller de raíz». Que significa iso para ti?

-Para min significa estar aferrada ao lugar de onde veño, ao que me viu nacer, á miña terra, aos meus amigos, aos meus costumes, ao pobo, á bandurria.. Pois esas cousas.

-Ti mesma considérasche «antiga», por que?

- Eu chámome «viejoven», como din Os Chanantes. Si que teño cousas que non son normais na xente nova. Gústame a música antiga, vivir nun pobo, o traballo na terra… Cosas que antes se facían e xa non se fan, por iso digo que son un pouco viejuna niso.

-Como foron os comezos na música?

-Eu canto desde que falo, a verdade. O meu primeiro instrumento foi a bandurria con só 7 anos, e a partir de entón empecei a estudar música e a tocar instrumentos. Logo veu a guitarra e aos 14 compuxen a miña primeira canción.

-Como era aquel tema?

-A primeira canción que compuxen chamábase Dourada perfección e falaba dunha viaxe en patera. Escribina ao ver unha das primeiras ondas de africanos que viñan ás nosas costas, houbo unha desgraza e impactoume moito cando a vin nas noticias. A miña primeira canción falaba diso.

cedidas

-Algunha vez dixeches que o teu estilo de música era o «folk manchego», como o definirías?

-Bo, iso de folk manchego é porque se me ve un pouco o plumero de onde veño, pero eu creo que nós facemos unha música sen etiquetas, sen prexuízos e se algún teño é o de cantautora ou canción de autor. Compoño as miñas cancións, pero logo cada canción ten un ambiente diferente e hai temas que son máis orgánicos, outros que son máis urbanos, poperos, rockeiros… Hai de todo. Hai un popurrí de moitas influencias.

-Moitos dos teus concertos son en pequenos pobos e non en grandes cidades, por que?

-Encántanme os pobos pequenos e creo que non está rifado co que tamén fago agora, que por sorte estamos a cantar fronte a moitos miles de persoas. E seguir facendo concertos na sala onde eu toquei sempre, cantar para 80, para 100 persoas, cantar en aldeíñas pequenas, a min iso dáme a vida. Así que se o podo combinar, iso é perfecto.

-Aínda che pos nerviosa antes de cada actuación? Fas algo para relaxarche?

-Sígome pondo nerviosísima en cada un dos concertos e dá igual onde sexa e canta xente haxa diante, sempre me poño un pouco nerviosa, dáme así como dor de estómago. Pero intento respirar, estamos sempre todo o equipo xunto e a min iso reláxame moito. E logo saio e ao pouquiño quítanlleme os nervios.

-Sempre che acompaña Bea en todos os teus concertos traducindo as túas letras á lingua de signos, por que? Houbo algo que che levase a tela?

-Beatriz sempre me acompaña porque creo que é un xeito importante de quitar unha barreira facendo a túa música accesible. Foi unha casualidade marabillosa a que nos uniu e unha vez que xa está incorporada, achega a todos os niveis, por suposto o artístico -fai posible que todo o mundo poida vir escoitarnos-, así que o raro fose non póla ao meu lado. Xa que logo aí seguiremos xuntas.

 ?Houbo algún día ou algún momento no que che deses conta de que a túa vida ía cambiar radicalmente?

?Non houbo ningún día no que pensase que a miña vida cambiara radicalmente. Si que me estou adaptando a cousas novas, pero hai moitas que seguen iguais, outras que mesmo pois poden ser pasaxeiras como todo o tema da fama, que é talvez o máis complicado. Pero a min paréceme que todo segue estando ben.

?Dicíanche que non eras moi boa en psicoloxía, pero... Axudáronche eses estudos no mundo da música?

?A que di que non fose boa psicóloga son eu mesma, ninguén me pode dicir outra cousa porque non o fun nunca. A psicoloxía hame axudado a min e axúdame á hora de facer cancións. Logo veu a musicoterapia, que tamén me fai comprender moito do que me pasa cando canto diante de xente e non a teño apartada, sempre acudo a ela. A psicoloxía sempre estará aí na miña vida apoiándome.

?Hai unha frase nunha das túas cancións que se quedou gravada: «Hai que sacar as feridas á luz para poder pechalas. É a única forma de pasar páxina». Nesa canción falas da guerra civil e do teu tío avó Xusto, que significa para ti a historia e a canción?

?A canción de Xusto foi como reafirmar o que xa cría. Cando un ten un desaparecido na súa casa e ten a sorte de atopar a fosa común, despois de comprobar todo o que pasou na miña familia, o que supuxo… Para nada foi remover feridas, foi todo o contrario, foi acougar algo que doía moitísimo simplemente por ver o seu nome nun rexistro.

?Finalmente a túa avoa foi a levarlle xa a rosa ao seu irmán?

?Claro que si, a miña avoa, que xa non sae do pobo para case nada, o primeiro que nos pediu foi que a levásemos para pórlle unha flor ao seu irmán, ela quería saber onde estaba. Cando o fixo, algo nela cambiou para moi ben. Así que claro que si, hai que curar as feridas.

?Como reaccionaches ao decatarche de que o teu pai deixara de ser cura pola túa nai?

?Bo, eu era moi pequeniña entón e habería cousas que non entendería e outras que si, pero non sei, a min sempre me pareceu unha historia de amor potentísima e cando amais sabes que os teus pais o pasaron mal por amor faiche miralos con máis admiración.

?Ti tamén o apostas todo por amor?

?Pois non tanto como os meus pais. Si que son moi pasional e é evidente que cando me entrego, entrégome ben, pero por agora a miña prioridade é a música, é o meu gran amor.

?A loita polo feminismo e pola igualdade é outro dos temas máis representativos das túas cancións, por que decidiches escribir sobre este tema?

?Escribir sobre feminismo non o decidín eu. Sempre estou a escribir por e para a muller desde o primeiro disco porque así me nace, porque falo tamén do que eu vivo e son muller. Ao final é que todas somos a mesma cousa, pasamos por procesos parecidos e creo que o que escribo é o que escriben moitísimas mulleres: sobre a procura do espazo que merecemos, o da igualdade. Estou orgullosa de que moita xente teña collido algunhas cancións como bandeira e oxalá que non me se vaia a inspiración niso.

?Crees que o 2018 é o ano das mulleres? Pensas que algo cambiou realmente?

?Sempre foi o ano da muller, todos os anos. No 2018 pasou algo moi importante en España e noutros países, si. En canto á concienciación, sobre todo porque polo menos a xente está a falar de certos temas que eran necesarios, pero queda aínda moitísimo por facer, así que oxalá todos os anos sexan o da muller.

?Que significado ten para ti «A porta violeta»?

?É unha liberación despois da represión, que é o que lle pasou á muller sempre. É unha canción triste, pero moi liberadora, que me senta moi ben cantala. É moi especial para min.

?En «Agora falas da independencia e o amor, pódense compaxinar eses dous conceptos e cambiar o concepto de amor dependente?

?A independencia e o amor son moi difíciles de compaxinar, claro que si, pero se se quere pódese. E se tes un compañeiro que pensa como ti, pódese chegar a bo porto. É superimportante para que unha relación funcione ter espazos propios, imos, é que se non, non sae ben.

?Agora andas con moitos concertos, pero estás xa preparando o teu próximo proxecto?

?Teño moitos concertos agora, pero eu non paro de escribir e non paro de compor, porque o necesito. Non sei en que momento porémonos a gravar outro disco, pero eu xa estou a facer cousas. Iso sempre.

?Mañá estarás en Vigo, que é o que máis che gusta de Galicia?

?Pois evidentemente a súa paisaxe, a xente, a temperatura, a comida… gústame todo. É dos lugares onde máis me cura ir. Séntame moi ben Galicia. Síntanme moi ben os galegos. Estou con moitas ganas de volver ir a Vigo.

6 DE OUTUBRO. VIGO. AUDITORIO MAR DE VIGO. A partir de 23 EUROS. 7 DE OUTUBRO. lugo. Praza horta do seminario. gratuíto.