Co outono ao virar a esquina, é ben sabido que o noveno mes do ano sempre supuxo un punto de inspiración para artistas de diferente índole. Na música non poucas cancións trataron de velo como un momento de cambio, romántico en si mesmo, apelando á súa reiteración ou á súa beleza intrínseca

CARLOS PEREIRO

Australian Blonde

O seu himno particular ao mes de setembro incluíuse no seu álbum debut. O certo é que conseguiron un bo número de vendas e pasaron a ser un dos grupos de moda dentro da escena independente española do momento. Corría o ano 1993 cando todo isto ocorreu.

Os Inimigos

Non só é a canción española por antonomasia do mes que pon fin ao estío, senón que supuxo un auténtico subidón na carreira dos Inimigos tras o maxistral A vida mata, en 1990. Xa choveu, pero segue viva.

Green Day

Foi o cuarto single do recoñecido American Idiot de Green Day. A día de hoxe converteuse na balada máis famosa da banda e é unha das cancións máis solicitadas nas emisoras de radio de todo o mundo.

Manolo Tena

Casualidades, editado no 2015, supuxo a volta definitiva do cantante de Badaxoz á escena musical. Para a súa desgraza, o seu regreso foi moi curto. Un ano despois confirmaríase a súa morte tras unha vida marcada polas adiccións.

Miguel Bosé

Pertencente a Made in Spain, editado en 1983, supuxo a calma antes da tempestade que chegaría co seguinte disco, Bandido; que traería a un Bosé radicalmente diferente ata a data.

Mecano

Foi o primeiro sinxelo extraído de Aidalai , sexto disco de Mecano. Nacho Cano é o asinante dunha canción lixeira, moi na onda do grupo por entón, coa peculiar voz de Ana Torroja funcionando de guía.

Earth, Wind & Fire

Poderío funk onde os haxa, é, máis que probablemente, a canción sobre setembro máis coñecida da historia contemporánea. Valeulles varios números ao redor do mundo aos seus executores e compositores.

Neil Diamond

Diamond quixo que o noveno mes do ano estivese presente tanto na portada do disco como na canción que o abría alá por 1973. Non lle foi mal, xa que a composición chegou a gozar dun éxito notable.

Big Star

Precursores e pioneiros do power-pop, Big Star souberon soar adiantados ao seu tempo, talvez demasiado. Pouco valorados no seu momento, conseguiron o recoñecemento póstumamente, tras percorrer as súas cancións o mundo.

Rod Stewart 

Unha canción que Rod Stewart permitiuse facer súa, converténdoa nunha das versións máis coñecidas desta. Fíxoo no seu álbum de 2010, no que xoga a ser xograr de cancións populares e de estándares.