Morreu o demo hippy

Fernando Molezún O CUARTO DE DIÓGENES

FUGAS

24 novs 2017 . Actualizado ás 05:10 h.

Vale que estamos a falar dun asasino cruel e desalmado. Dun psicópata con delirios de grandeza que pasou á historia como un dos seres máis escuros do século XX. Dun chalado perigoso, á fin e ao cabo, que debe a súa fama, aínda que lle pese, aos crimes cometidos e non ao seu talento artístico. Pero é inevitable ligar á figura do recentemente desaparecido Charles Manson da historia do pop e a súa época dourada dos anos sesenta. E non só polas simpatías que espertou entre músicos como os Beach Boys ou polos seus paranoias derivadas do Helter Skelter dos Beatles. Tamén fixo os seus primeiros pasos musicais o asasino de Sharon Tate, nos que mostrou unha sensibilidade e unha capacidade compositiva máis que destacable. Quedaron plasmadas estas cancións, que logo versionarían Guns n' Roses entre outros, nun disco producido por outro ilustre sospeitoso do rock and roll, Phil Kaufman, que coincidiu con Manson en prisión. O resultado é Lie: The love and terror cult, disco de gravacións de son case caseiro polo que se chegaron a pagar case 500 dólares.

«LIE»

A PORTADA COPIA A SOADA IMAXE DA REVISTA «LIFE» COA CARA DE MANSON