O «1x1» do Río Breogán ante o Granada

LA VOZ

FORZA BREO

ALBERTO LÓPEZ

Lukovic e Hollatz sobresaíron en valoración na clara vitoria no Pazo

30 ene 2023 . Actualizado ás 19:00 h.

Lukovic | 9

Achegouse ao seu tope de valoración na ACB, que son os 28 créditos que asinou no Breogán-Zaragoza da pasada tempada. Bo partido do serbio.

Bamforth | 8

Levaba algúns partidos apagado, pero ante o Granada achegouse á súa mellor versión co Breo. Decisión e acerto.

Momirov | 5

Bo traballo defensivo e discreto rendemento ofensivo.

Sergi García | 7

A un bo nivel, como practicamente todos os seus compañeiros.

Nenadic | 6

Só tres lanzamentos a canastra, pero moi acertado para xerar situacións favorables preto do aro contrario.

Hollatz | 8

Cun pouco máis de acerto nos triplos fose o mellor do encontro. 13 puntos, cinco asistencias e cinco recuperacións. Números notables.

Happ | 7

Tivo máis problemas dos agardados para controlar o rebote. Deixou detalles da súa calidade no poste baixo.

Erik Quintela | 5

Cumpriu á perfección o tempo que estivo sobre o parqué. Dúas recuperacións.

Brajkovic | 4

O máis frouxo na exhibición breoganista.

Víctor Arteaga | 5

Inédito ante o Real Madrid, esta vez só dispuxo de algo máis de sete minutos e medio. Anotou os tres tiros que intentou, capturou un rebote e deu unha asistencia,

Nakic | 7

Outro dos cinco breoganistas que superaron a decena de puntos. Ademais deu tres asistencias e esuvo moi atento e sólido nas tarefas defensivas,