O Valencia, outro posible destino para Dzanan Musa

LA VOZ LUGO / LA VOZ

FORZA BREO

Carlos Castro

O conxunto levantino contemplaría a opción de fichar tamén a Mahalbasic para convencer o bosníaco

18 may 2022 . Actualizado ás 20:54 h.

Á afección cústalle asumir que Musa xa é historia no Río Breogán. «Musa fica, Musa fica...», cantaban onte os máis de 500 concentrados naP raza de SantaMaría . Tras a súa brillante tempada en Lugo , ao aleiro bosníaco aparecéronlle un bo número de pretendentes. O último, o Valencia Basket, que, segundo puido saber La Voz, non só se sumou á poxa, senón que ademais lle comeu terreo á maioría da competencia porque contemplaría a opción de incorporar a Rasid Mahalbasic, compañeiro inseparable de Musa no equipo breoganista.

A saída do pivote tamén se dá por feita entre a inchada, do mesmo xeito que a de Trae Bell-Haynes, ao que os rumores sitúan no Gran Canaria. Para o base tamén houbo chiscadelas por parte dos afeccionados no fin de festa, do mesmo xeito que para Marko Lukovic e Iván Cruz, pero foi en Kalinoski en quen concentraron case todos os seus esforzos pedíndolle a súa permanencia no equipo. Ningún desvelou o seu futuro na súa intervención.

A día de hoxe, o único seguro no club breoganista é que os irmáns Quintela e o técnico, Veljko Mrsic, formarán parte do persoal na nova tempada na Liga Endesa.