Maximus inicia ante Garras o reto de ser de novo a mascota máis divertida da Liga Endesa

LA VOZ LUGO / LA VOZ

FORZA BREO

ALBERTO LÓPEZ

O león breoganista xa gañou no 2019 o concurso promovido pola ACB

25 ene 2022 . Actualizado ás 20:13 h.

Xa está aquí unha nova entrega do baile de mascotas da Liga Endesa, con Maximus , o divertido león do Río Breogán, como un claro candidato a reconquistar o trono que compartiu no 2019 con Pam , o traveso boneco do Valencia Basket. O aspirante breoganista enfrontarase a Garras , a mascota da Minicopa Endesa, nunha das oito eliminatorias da primeira rolda dun concurso no que deciden os votos dos afeccionados.

«Cada día, ás 10 horas, lanzaremos unha enquisa no Twitter oficial da ACB e nos stories de Instagram (\acbcom) cun duelo entre dúas mascotas. Ambas as enquisas estarán dispoñibles durante 24 horas e a mascota que pasará á seguinte rolda determinarase sumando os votos obtidos entre ambas as plataformas», informa a ACB.