O Breogán reaparecerá na ACB xogando no Pazo ante o Tenerife

LA VOZ

FORZA BREO

Carlos Castro

Visitará ao Barça na terceira xornada e o primeiro derbi galego co Obradoiro celebrarase o 3 de xaneiro do 2022 en Santiago

09 ago 2021 . Actualizado ás 20:42 h.

A Liga ACB xa ten calendario para a próxima tempada. O Río Breogán, que regresa á categoría dous anos despois, iniciará o campionato no seu fortín do Pazo enfrontándose co Lenovo Tenerife, o sábado 18 de setembro ás seis da tarde Nunha primeira semana con tres encontros, o conxunto dirixido por Paco Olmos desprazarase só uns días despois á cancha do Herda San Pablo Burgos e o sábado 25 atoparase co poderoso Barça no Palau. No seu regreso a casa, a principios de outubro, o seu adversario será o Coosur Real Betis e a visita do Real Madrid ao Pazo producirase o domingo 17 de outubro ás 17.00 horas, segundo establece o calendario publicado pola ACB. O primeiro derbi rexional co Monbus Obradoiro terá lugar o luns 3 de xaneiro do 2022 no pavillón Fontes do Sar a partir das 21.30 horas. O cadro lucense culminará a fase regular a mediados de maio recibindo ao Unicaja.

A tempada da Liga Endesa arrincará de xeito oficial o 11 de setembro coa disputa da Supercopa e o primeiro parón está marcado para finais de novembro. A seguinte paréntese terá lugar co gallo da disputa da Copa do Rey , que se celebrará entre o 17 e o 20 de febreiro.