Imposible gañar para o Breogán?

Ricardo Hevia EN ZONA

FORZA BREO

Fernando Galindo

22 may 2019 . Actualizado ás 18:46 h.

Tras a última opción para seguir vivos, unha vitoria enchíanos de esperanza, todo parecía posible, 35 minutos arriba con suficiencia, en canto dábanse 4 pases anotábase con facilidade, iámonos e achegábanse, era unha constante e iso que non era o mellor día dos nosos postes, Un Gerun frouxo en defensa e escasamente reboteador e o mesmo que Sulejmanovic teimado en tirar cada vez que o balón lles chegaba dentro, incapaces de sacar un só balón á liña exterior, entre os dous 8 de 18 en tiros de campo. Pero a pesar destes defectos, o triunfo parecín a máis que posible, ir sempre diante dá tranquilidade, Redivo, con momentos brillantísimos anotaba con fluidez, ata os 13 puntos chegaba a vantaxe do Breo, claro que como tantas veces, se evaporaba nun amén e o equipo teimaba cada vez máis en tirar de lonxe. Os bases limitaban o seu xogo a botar e botar ata o aburrimento, nin bloqueos nin penetracións para dobrar e liberar algún tipo e os interiores continuaban veña e dálle, balón que chegaba ás súas mans non volvía saír e fallábanse un e mil tiros curtos. Pero aínda quedaba o peor, cinco minutos de agonía e despropósito que foron confirmando a sentenza dun descenso labrado a través dun cúmulo de partidos que discorrían con signo favorable e deberían outorgarnos unha salvación relativamente cómoda, pero que todos finalizaron con derrota, como onte, como tantas veces. No medio do caos labrouse un descenso, pero non só se fraguou no campo, nos despachos tampouco andaron moi finos. Pouco durou a festa, a afección non se merecía este final, oxalá a ausencia da elite sexa curta e dentro dun ano esteamos outra vez gozosos por recuperar un sitio entre os grandes.