Lázare: «Cos xogadores que temos podémonos salvar»

Marta de Dios Crespo
MARTA DE DIOS LUGO / LA VOZ

FORZA BREO

ALBERTO LÓPEZ

O presidente do Breogán comentou tras o partido en Vitoria que «necesitan descansar» e por iso trabállase en incorporacións

11 dic 2018 . Actualizado ás 19:12 h.

O presidente do Cafés Candeas Breogán comentou tras o partido contra Baskonia que «cos xogadores que temos podémonos salvar, pero necesitan descansar, por iso estase traballando para conseguir algunhas fichaxes». Suso Lázare comentaba para Radio Galega que «haberá un abano de xogadores e os técnicos van decidir», dicía polo baloncestista que poida chegar como substituto do escolta norteamericano Tarence Kinsey. «Está a falarse con Jerome Jordan e Segi Vidal, conjuntaremos pezas», argumentaba. O interior jamaicano e o escolta de Badalona chegaron a Lugo como temporeros para cubrir aos lesionados.

Lázare tamén comentaba que aos Reis Magos lles pedirá «que toque a lotería» e que «as fichaxes que estamos a buscar funcionen. Ata o que sei, non imos cortar a ningún dos xogadores que están agora no Breogán. Os técnicos traballan en cesións: Baskonia, Madrid, Valencia... hai moitos equipos, veremos».

Valoración de Perasovic sobre o partido

Tras o partido, Velimir Perasovic valoraba que o seu equipo «intentou defender nos primeiros dous cuartos o mellor posible. Tivemos bastantes roubos de balón e unha defensa sólida. Puxémonos 15 arriba e foi o camiño correcto polo que hai que seguir». Cre o técnico de Baskonia que «a entrada no terceiro cuarto foi moi mala e tivemos grandes problemas co rebote e co tiro libre, fallamos moito e ademais seguido».

Cre que por momentos «a falta de tensión provocou que nos collesen rebotes. Provócache certo desanimo cando che collen rebotes, sobre todo un equipo que xoga longo, xoga 24 segundos, tira no último e cólleche o rebote é como traballar para non ter premio».