Decátache de como conseguir a túa entrada para o partido contra o Real Madrid

Marta de Dios Crespo
MARTA DE DIOS LUGO / LA VOZ

FORZA BREO

ÓSCAR CELA

O 16 de decembro, contra os de Pablo Laso, será o día do club e as localidades xa están á venda para os abonados

10 dic 2018 . Actualizado ás 18:30 h.

O Breogán reservou o partido contra o Real Madrid (o próximo 16 de decembro, ás 17.00 horas) como o día do club, polo que os abonados pagarán un suplemento se queren presenciar o partido. O club abriu o martes a venda a través do seu despacho de billetes online para que os abonados da tempada 2018-2019 poidan comprar o suplemento que lles permita ver o partido contra os de Pablo Laso desde a súa localidade de abono. O prazo, que nun principio se pechaba para eles o vindeiro luns 10, acaba de ampliarse esta tarde noite ata o mércores 12 ás 12.00 horas.

Os abonados terán que loguearse na páxina web do Breogán e acceder ao apartado «despacho de billetes» co seu número de abonado, cumprimentando tamén os datos solicitados para acceder.

O prezo do suplemento será unitario, independentemente da zona do abono: 12 euros para os sénior, 10 para os mozos e universitarios e 8 euros para a categoría infantil. Ademais, os abonados contarán de forma adicional cun prazo exclusivo (desde o mércores 12 ás 17.00 horas ata o venres 14 ás 14.00 horas) para comprar unha entrada opcional e adicional por cada carné de abonado, a prezo xeral. Esta oferta será para os asentos que queden liberados polos abonados que non comprasen o suplemento así como para o resto de asentos dispoñibles (basicamente en fondos Campus).

Os non abonados poderán comprar as entradas restantes, se quedan, desde o venres 14 ás 17.00 horas a razón de dúas por compra online.