Os celestes se estancan coa nova incorporación

Marta de Dios Crespo
MARTA DE DIOS LUGO / LA VOZ

FORZA BREO

Carlos Castro

Barallan a opción de non traer a ninguén para suplir a Tarence Kinsey pola falta de orzamento

06 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A fichaxe que agarda o Breogán atrásase. Tras a marcha do escolta norteramericano Tarance Kinsey, os celestes contaban con incorporar a un novo xogador aproveitando o parón FIBA. Non foi así. As negociacións hanse estancado unha e outra vez pola falta de recursos. Os celestes chegaron a ter conversacións moi avanzadas con algún baloncestista, pero foron incapaces de amarralos. Un dos que tentearon, un exterior que competía na liga turca, deixou o seu equipo por falta de acomodo. O seu acordo encamiñouse un par de veces, pero se escurrió entre os dedos.

Agora, sobre a mesa da dirección deportiva do Breogán, estaría mesmo a opción non traer a ninguén para suplir a baixa de Kinsey. Os celestes barallan a idea de non gastar se igualmente non van ser capaces de traer a un xogador que sirva como reforzo real para o grupo que dirixe Natxo Lezkano.

A nova fronte podería abrirse para o Breogán con Jerome Jordan dentro dunhas semanas. O interior jamaicano atópase a gusto en Lugo, pero o club non pode permitirse a súa renovación ao prezo que pide o seu axente e de momento a continuidade do pivote está no aire. É un problema, porque a recuperación de Henk Norel non estará completa -polo menos- ata finais de febreiro. O neerlandés, que traballa na súa volta tras operarse o xeonllo antes do inicio da liga, chegou a Lugo para ser un xogador determinante no conxunto de Lezkano. A súa lesión desembocou na chegada de Jordan como temporero para apontoar a pintura.