O signo de identidade da Sala Marabilla coas súas pizzas quilométricas

Andrea Lago, A.U. FERROL / LA VOZ

VALDOVIÑO

cedida

Neste bar de Vilaboa, en Valdoviño, os clientes encargan a comida por metros

04 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O propietario da Sala Marabilla en Vilaboa (Valdoviño), Manuel Díaz, quería apostar por algo diferente e que fose símbolo do seu local. Así foi como arriscou polas pizzas de ata tres metros que elaboran agora no seu establecemento, ao que acoden os clientes curiosos e expectantes. Se se consumen no propio bar, as pizzas chegan á mesa en táboas acordes ao gran tamaño da comida, pero os clientes tamén poderán pedir a comida para recoller, iso se, as pizzas deberán de ser cortadas para poder introducilas nas caixas e poder transportalas dun xeito cómodo. Un lugar diferente onde gozar en compaña de familia ou amigos.