Valdoviño lanza outra convocatoria en busca de máis socorristas para os areais

LA VOZ VALDOVIÑO

VALDOVIÑO

CARLOTA LAZARO

Dos 33 vixiantes con que pretendía contar este verán, só puido contratar a 14

22 jul 2021 . Actualizado ás 23:19 h.

Os socorristas interesados en traballar nas praias de Valdoviño no que queda de verán teñen cinco días naturais, contados desde este venres, para presentar a súa solicitude. O Concello persiste no empeño de completar o equipo de vixiantes. Dos 33 cos que agardaba contar para prestar o servizo en todos os areais, só puido contratar a 14, concentrando a atención na Frouxeira e Pantín (que quedou sen profesionais varios días debido a un positivo por covid).

Nin Meirás nin O Baleo nin Vilarrube contan con vixilancia, por falta de profesionais. O Concello reservou unha partida de preto de 130.000 euros para cubrir as 33 prazas previstas. O alcalde, Alberto González, atribúe a falta de aspirantes «ao esixente sistema de formación e homologación de titulacións establecido desde a Xunta», que disuade a posibles interesados.