San Sadurniño abre ata o día 31 o prazo para pedir as bonificacións do IBI

a voz SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

CÉSAR GALDO

Os descontos aprobáronse o pasado mes de outubro

10 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os veciños de San Sadurniño poden solicitar xa as bonificacións na contribución para o ano que vén, aprobadas o pasado mes de outubro. Poderán beneficiarse de descontos do 95 % as explotacións agropecuarias, e do 50 % os inmobles incluído na Rede Natura 2000, aínda que neste último caso será a propia Administración local a que as tramite de oficio. Para que se aplique a rebaixa nos recibos de 2019, os inmobles dedicados a actividades agrícolas, gandeiras ou forestais haberán de solicitalas antes do próximo día 31 de decembro nas dependencias do Concello.