Pontedeume adxudica nove dos 15 postos do mercado e hai propostas para a segunda fase

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

JOSE PARDO

O BNG critica o proceso e pide unha reunión urxente para informar os placeiros

19 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Na primeira fase do proceso de licitación do mercado municipal de Pontedeume, o Concello adxudicou provisionalmente oito dos 15 postos, que se suman á cafetería, cuxa concesión seguía en vigor, polo que non tivo que concorrer á poxa. Agora abrirase unha segunda fase, como estaba previsto nas bases, para a que contan con polo menos catro presentas interesadas, segundo indicou o alcalde, o socialista Bernardo Fernández.

O BNG tacha o proceso de «fracaso», do que acusa o rexedor, e pide urxe unha reunión cos comerciantes «para informar e buscar solucións. Critica que «non haxa promoción, nin información, nin un plan de estacionamento, nin un programa de dinamización do feirón».

Fernández pide ao portavoz do Bloque, Luis Pena, «que deixe de confundir os seus desexos coa realidade, máis interesado en que saia mal que en arrimar o ombro». «Que non alarme á opinión pública con datos falsos, por responsabilidade e respecto aos veciños», engade. E incide en «a calidade do mercado, que terá máis postos que antes do peche, con moi bos profesionais»; e da «limpeza, transparencia e garantías» do proceso.