Os placeiros eumeses presentan alegacións polo mercado

A. C. PONTEDEUME

PONTEDEUME

CEDIDA

Expoñen cambios na duración das concesións e nos horarios de apertura

21 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os placeiros que permanecen nas lonxas de Raxoi presentaron alegacións ao proxecto de regulamento feito público polo Concello de Pontedeume para o novo mercado municipal. Consideran insuficiente a duración das concesións (15 anos) e expoñen, entre outras cuestións, a necesidade de ampliar o horario previsto de apertura das instalacións «para poder facer todo o traballo que non podes facer cos clientes diante». Cuestionan a idea de abrir as tardes dos martes e os sábados e expoñen alternativas: «Por que non o domingo pola mañá?».