Triunfo do Náutico Firrete no trofeo de Pontedeume

La Voz FERROL

PONTEDEUME

Cedida

A proba, cunha notable participación de padeeiras, disputouse nas inmediacións do paseo maritimo

14 jul 2019 . Actualizado ás 13:16 h.

O Náutico Firrete, con 7.601 puntos, foi o vencedor absoluto por equipos do trofeo Concello de Pontedeume. O Ría de Betanzos foi segundo con 3.829 e o Náutico de Miño, terceiro, con 3.188.

A nivel individual, Lucía Robres e Eva Jossund, Celia Durán, Antón Veiga e Diego Fernández, Amado Formoso, Ana Fernández e Inés Domínguez, Ariadna Pico, Antón Cao e Bruno González, Martín López, Silvia Calvo, Telmo Lasus, Jana Fuentes e Aroa Regueiro, Celia Montero, Xavier González e David Sera, así como Óscar Juan Allegue, foron os diferentes gañadores.

A proba, presenciada por numeroso público, contou cunha gran participación.